actor estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
George Randolph Scott, nado en Orange County (Virxinia) o 23 de xaneiro de 1898 e finado en Beverly Hills (California) o 2 de marzo de 1987 foi un actor estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) George Randolph Scott 23 de xaneiro de 1898 Condado de Orange, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 2 de marzo de 1987 (89 anos) Beverly Hills (Estados Unidos de América) |
Causa da morte | doenza pulmonar |
Lugar de sepultura | Elmwood Cemetery (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | Igrexa episcopal nos Estados Unidos |
Educación | Instituto de Tecnoloxía de Xeorxia Woodberry Forest School (en) |
Actividade | |
Ocupación | actor , actor de cinema , guionista , produtor de cinema |
Período de actividade | 1928 - 1962 |
Partido político | Partido Republicano |
Xénero artístico | Wéstern |
Lingua | Lingua inglesa |
Carreira militar | |
Conflito | Primeira guerra mundial |
Familia | |
Cónxuxe | Marion duPont Scott Patricia Stillman |
Pais | George Grant Scott (en) e Lucy Lavinia Crane (en) |
Premios | |
|
Creceu en Charlotte, Carolina do Norte, nunha familia acomodada que lle permitiu asistir a escolar privadas. Desde pequeno amosou un grande interese polos deportes. En 1917 alistouse no Exército dos Estados Unidos e serviu en Francia durante a primeira guerra mundial. Tralo armisticio permaneceu en Francia nunha escola de oficiais de artillaría, ata que en 1919 volveu ao seu país e continuou os seus estudos no Georgia Institute of Technology coa intención de converterse en xogador de fútbol americano. Porén, unha lesión malogrou o obxectivo. Marchou logo para a University of Chapel Hill, estudando enxeñería téxtil.
A partir de 1927 viuse interesado pola interpretación e decidiu marchar aos Ánxeles na busca dunha carreira no cinema. Como o pai de Scott tivera negocios con Howard Hughes puido darlle unha carte de presentación. Hughes deulle a Scott un pequeno papel en Sharp Shooters (1928). Durante os seguintes anos continuou traballando como extra e, por consello de Cecil B. DeMille, tamén en obras teatrais para coller experiencia.
O seu primeiro protagonista chegou en 1931 en Women Men Marry. Finalmente asinou un contrato de sete anos coa Paramount Pictures. O ano seguinte protagonizou Heritage of the Desert, que o estableceu como un actor especialista en westerns, participando unha serie de filmes baseados en obras de Zane Grey. En 1935 xa era un actor popular.
Cando os Estados Unidos entraron na segunda guerra mundial intentou entrar como oficial nos Marines, pero foi rexeitado pola súa antiga lesión. Eses anos intervén en varios filmes de guerra.
En 1956 cumpriu 58 anos, idade na que a carreira da maioría dos actores comezaba a declinar. Non obstante, Scott comezou unha etapa moi aclamada, co seu encontro co director Budd Boetticher. O seu último filme foi Duelo na serra alta, de Sam Peckinpah, en 1962. Cando se retirou aos 64 anos tiña unha fortuna estimada de cen millóns de dólares.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Randolph Scott |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.