Sam Peckinpah

From Wikipedia, the free encyclopedia

Sam Peckinpah

David Samuel "Sam" Peckinpah, nado en Fresno (California) o 21 de febreiro de 1925 e finado en Inglewood, tamén California, o 28 de decembro de 1984, foi un director e guionista de cine, teatro e televisión estadounidense. Tivo grande sona polo tratamento da violencia nas súas películas, reinventando xéneros coma o do western, ao que pertence a súa película máis famosa Grupo salvaxe.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Sam Peckinpah
Thumb
Biografía
Nacemento21 de febreiro de 1925
Fresno (California) Estados Unidos
Morte28 de decembro de 1984 (59 anos)
Inglewood (California) Estados Unidos
Causa da morteinsuficiencia cardíaca
País de nacionalidadeEstadounidense
EducaciónUniversidade do Sur de California
Fresno High School (en)
USC School of Cinematic Arts (en)
Universidade do Estado da Califórnia em Fresno (pt)
Actividade
OcupaciónDirector de cine e guionista
Período de actividade1957 - 1984
Membro de
Xénero artísticoWestern, filme de acción, cinema dramático, filme de suspense, cinema de aventuras e cinema bélico
Carreira militar
Rama militarCorpo de Marines dos Estados Unidos
Conflitosegunda guerra mundial
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMarie Selland (1947–1960)
Begoña Palacios (1965–1984)
Joie Gould (1971–1972)
Premios

Allocine: 576 TV.com: people/sam-peckinpah
WikiTree: Peckinpah-1
Pechar

Traxectoria

Neto dun xefe indio, estudou Dereito e diplomouse en Arte Dramática. Enrolouse no exército antes de entrar en contacto co mundo do cine como axudante de dirección de Donald Siegel en A invasión dos ladróns de corpos. Rachou cos tópicos do Far West na súa incursión no xénero do oeste, impregnando películas como a mencionada Grupo salvaxe ou Maior Dundee dun cariz intelectual e violento. Segundo as súas propias palabras, procurou a verdade no lugar do mito.[1]

Nas súas obras, criticou duramente o concepto do heroe tradicional, aparecendo inmerso nun contexto patético e corrupto, un mundo sufrinte onde o antiheroe está atrapado e condenado. Reflicte a desesperación individual e colectiva no marco dunha sociedade que se destrúe e que só pretende atopar a liberación a través dunha violencia aínda maior. Tecnicamente, o seu pulso cinematográfico e orixinalidade narrativa son notables, así como o seu emprego da cor e as súas sanguentas escenas violentas a xeito de ballet.

Filmografía

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.