Raj Kapoor
From Wikipedia, the free encyclopedia
Ranbir Raj Kapoor (en hindi, devanágari: राज कपूर; en urdú: راج کپور, Rāj Kapūr), nado en Peshawar (actualmente en Paquistán) o 14 de decembro de 1924 e finado en Nova Delhi o 2 de xuño de 1988, tamén coñecido como "o maior showman do cinema hindi",[1][2] foi un destacado actor, produtor e director do cinema da India.[3] Fillo do actor Prithviraj Kapoor foi un importante membro da familia Kapoor que deu varias grandes estrelas de Bollywood.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (hi) राज कपूर ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 14 de decembro de 1924 ![]() Peshawar, Paquistán ![]() |
Morte | 2 de xuño de 1988 ![]() Nova Deli, India ![]() |
Causa da morte | asma ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | India (1950–) Raj Británico (–1947) ![]() |
Relixión | Hinduísmo ![]() |
Educación | Colonel Brown Cambridge School (en) ![]() St. Xavier's Collegiate School (en) ![]() ![]() |
Cor dos ollos | Castaño ![]() |
Cor do pelo | Pelo negro ![]() |
Actividade | |
Ocupación | produtor de cinema , montador , guionista , director de cinema , actor de cinema ![]() |
Período de actividade | 1935 ![]() |
Lingua | Lingua hindi ![]() |
Familia![]() | |
Cónxuxe | Krishna Kapoor (1946–1988) |
Fillos | Rishi Kapoor (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Pais | Prithviraj Kapoor (en) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Irmáns | Shammi Kapoor e Shashi Kapoor (pt) ![]() ![]() |
Parentes | Prem Nath (pt) ![]() Rajendra Nath (pt) ![]() Narendra Nath (en) ![]() ![]() |
Premios
| |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Kapoor está considerado un dos máis grandes e influentes actores e cineastas da historia do cinema.[4] Gañou varios premios incluíndo tres National Film Awards e once Filmfare Awards na India. O premio Filmfare honorífico recibe o seu nome. A súa interpretación en Awaara foi recoñecida como unha das dez mellores de todos os tempos pola revista Time.[5] Os seus filmes atraeron público de todo o mundo, especialmente en Asia e Europa. Foi chamado tamén "o Clark Gable da industria cinematográfica india".[6]