O raion de Turukhansk (en ruso Туруха́нский райо́н) é un raion (distrito) do krai de Krasnoiarsk, Rusia.

Thumb
Localización do raion de Turukhanski no krai de Krasnoiarsk.

Xeografía

Thumb
Panorama da paisaxe do raion.

O raion de Turukhansk está situado no oeste do krai, e limita ao norte co raion de Taimirsk Dolgano-Nenetsken, ao leste co raion de Evenkiisk, ao sur co raion de Ieniseisk, e ao oeste do óblast de Tiumén.

A súa superficie é de 211 189 km2.[1]

O seu centro administrativo (capital) é a localidade de Turukhansk.[2]

A través do distrito fúen os seguintes afluentes do río Ienisei: o Podkamennaia Tunguska, o Ielogui, o Nizhniaia Tunguska, o Turukhan, o Kureika e o Sukharikha.

O raion acolle a Reserva Natural de Turukhanski.

Demografía

A súa poboación no ano 2010 era de 18 708 habitantes,[3] que descendera en 2018 até os 15 971,[4] polo que nese ano a súa densidade de poboación era de 0,089 hab./km2

A poboación do raion é un 38,5 % urbana, e un 61,5 % rural. A poboación da capital, Turukhansk, acolle ao 24,9 % da poboación total do distrito.[3]

Evolución da poboación de: Raion de Turukhansk desde 1959 ata 2010

1959 1970 1979 1989 2002 2010

14 105 11 105 13 766 19 257 12 439 18 708

Historia

O distrito foi fundado o 7 de xuño de 1928.[1]

Xosé Stalin viviu no exilio no territorio do distrito moderno antes da Revolución de Outubro.

Goberno

Desde 2013, o xefe do distrito e presidente do seu Consello é Anatoli I. Goloded.[1]

Particularidade demográfica

O raion é o fogar da maioría dos compoñentes do pobo keta, un grupo étnico pequeno e en declive, cuxo idioma, o keto, é a última supervivente do gupo das linguas ieniseianas, que a maioría dos autores inclúen na suposta familia das linguas dené-caucasianas, relacionada coas linguas na-dené dos pobos indíxenas de América.[5]Hoxe en día, a maioría das persoas que aínda falan keto viven en só tres localidades: Kellog, Surgútikha e Madúika, todas elas situadas no distrito de Turukhansk. Segundo o censo de 2002, había 1 494 ketas en Rusia.[5] Pero o número de individuos que teñen como lingua materna este idioma era tan só de 213 en 2010.[6] A día de hoxe non se coñecen falantes monolingües,[7] polo que se considera un idioma en perigo de extinción.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.