peixes cartilaxinosos From Wikipedia, the free encyclopedia
Co nome común de raias coñécense os peixes cartilaxinosos que integran, segundo algúns autores, a superorde dos batoideos (Batoidea), da subclase dos elasmobranquios (Elasmobranchia), aínda que o termo raia designa máis especificamente ás especies da orde dos raiformes (Rajiformes).
Batoideos (Batoidea) Raias Rango fósil: triásico - actualidade [1] | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Raia aguia (Aetobatus narinari) | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Ordes | |||||||||||||||||||
|
Os batoideos están moi emparentados cos selaquimorfos (Selachimorpha) ou tiburóns e, de feito, os batoideos novos son moi parecidos a estes.
Posúen esqueleto cartilaxinoso e as aberturas branquiais na cara ventral do corpo, baixo as aletas pectorais (polo que se denominan hipotremos ou hipotremados); as devanditas aletas pectorais están moi ensanchadas e únense por diante cos lados da cabeza para formaren un ángulo anterior ou bico. Carecen de aleta anal. O corpo é basicamente aplanado.
Os ollos e os espiráculos están situados na cara dorsal; os ollos carecen de membrana nictitante. As mandíbulas poden proxectarse cara a adiante na maioría das especies.
Os ovos dos batoideos, a diferenza dos doutros peixes, son fecundados dentro do corpo da femia. Excepto os da familia dos Rajidae, incúbanse dentro da femia e as crías nacen vivas (ovovivíparos).
As femias da familia dos Rajidae poñen ovos fecundados. Estes son rectangulares, planos e brandos, con catro rabos nas esquinas para suxeitarse ás algas.
Son animais mariños, cunha distribución cosmopolita en augas tropicais e subtropicais, temperadas ou frías, moitas especies en augas costeiras e algunhas en augas profundas. Só algunhas especies, como as mantas, viven en mar aberto.
Algúns batoideos poden vivir en baías e estuarios lixeiramente salgados.
A maior parte dos batoideos posúen unha dentadura pesada e roma para romper as cunchas dos moluscos e algúns peixes. As mantas aliméntanse de plancto.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.