![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d8/R%25C3%25B9a_%25C4%2590%25E1%25BB%2593ng_M%25C3%25B4.jpg/640px-R%25C3%25B9a_%25C4%2590%25E1%25BB%2593ng_M%25C3%25B4.jpg&w=640&q=50)
Rafetus swinhoei
especie de réptil / From Wikipedia, the free encyclopedia
Rafetus swinhoei (en chinés: 斑鱉; pinyin: bānbiē) é unha especie extremadamente rara de tartaruga da familia Trionychidae. A especie é endémica do leste e sur da China e do norte de Vietnam. Só se coñece a existencia de tres exemplares, un na China (en catividade) e dous en Vietnam (en liberdade) (un cuarto exemplar de Vietnam foi declarado morto en xaneiro de 2016), e está clasificado como en perigo crítico pola Lista Vermella da IUCN. É probablemente a meirande especie de tartaruga de auga doce do mundo. A femia da última parella reprodutora morreu no zoolóxico de Suzhou, na China, en abril de 2019.[3][4][5] Unha femia en liberdade foi descuberta en Vietnam o 22 de outubro de 2020.[6]
Máis información Rafetus swinhoei, Estado de conservación ...
Rafetus swinhoei | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() R. swinhoei de Dong Mo, Son Tay, Vietnam. | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
![]() Crítico[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Rafetus swinhoei (Gray, 1873) | |||||||||||||||||
![]() Distribución da especie. | |||||||||||||||||
Sinonimia[2] | |||||||||||||||||
|
Pechar
![]() |
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |