político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Rafael Salgado Torres, nado na Coruña o 23 de outubro de 1914 e finado na mesma cidade o 20 de setembro de 1987,[1] foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de outubro de 1914 A Coruña, España |
Morte | 20 de setembro de 1987 (72 anos) A Coruña, España |
Procurador en Cortes | |
6 de novembro de 1967 – 12 de novembro de 1971 Lexislatura: IX lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
3 de xullo de 1964 – 15 de novembro de 1967 Lexislatura: VIII lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
31 de maio de 1961 – 6 de xuño de 1964 Lexislatura: VII lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
16 de maio de 1958 – 18 de abril de 1961 Lexislatura: VI lexislatura das Cortes franquistas | |
Presidente do Deportivo da Coruña | |
12 de agosto de 1952 – 7 de marzo de 1953 | |
Alcalde de Bergondo | |
marzo de 1948 – 1956 ← Juan Zapata Monteiro | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Profesor mercantil. Foi un dos primeiros militantes de Falange da Coruña. Foi detido en abril de 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi xefe local de Milicias da Coruña. Incorporouse ao exército franquista como alférez provisional. Mutilado de guerra. Foi Delegado Provincial de Información e Investigación de FET y de las JONS da Coruña (1943) e concelleiro da Coruña. Foi nomeado delegado gobernativo do concello de Bergondo en marzo de 1948, permanecendo como alcalde até o 4 de xaneiro de 1956. Foi Conselleiro Nacional do Movimiento e procurador en Cortes (1958-1971). Foi presidente do Instituto Nacional de Previsión da Coruña. Tamén foi presidente do Deportivo da Coruña (1952-53) e do Aéreo club.
Predecesor: Juan Zapata Monteiro |
Alcalde de Bergondo 1948 - 1956 |
Sucesor: Manuel Fafián Babío |
Casou con María do Carmen Abelenda Regueiro, neta do rexistrador de Carballo Luciano Regueiro Pumpido.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.