club de fútbol francés From Wikipedia, the free encyclopedia
O Racing Club de France Football, tamén coñecido como Racing Paris, RCF Paris, Matra Racing, Racing Club ou simplemente Racing é un club de fútbol francés con sede en Colombes, suburbio de París. Dende 2022 milita no Championnat National 2, o cuarto nivel do fútbol francés.
Racing Club de France | |||
---|---|---|---|
Nome | Racing Club de France Football | ||
Fundación | 1896 (128 anos) | ||
Estadio | Yves-du-Manoir, Colombes, Francia | ||
Inauguración | 1907 | ||
Capacidade | 14.000 | ||
Presidente | Patrick Norbert | ||
Adestrador | Guillaume Norbert | ||
Liga | National 2 | ||
Na rede | |||
http://www.racingclubdefrance.net/ | |||
| |||
Foi fundado en 1882 como a sección de fútbol do club deportivo multidisciplinar Racing Club de France, e é un dos clubs máis antigos da historia do fútbol francés . Foi membro fundador da Ligue 1. Disputa os seus partidos como local no Stade Lucien-Choine.[1]
Nos seus inicios xogou na liga da Union des Sociétés Françaises de Sports Athlétiques, a primeira liga de fútbol de Francia, que conquistou en 1907. O Racing gañou un título da Ligue 1 na tempada 1935/36 e cinco Copas de Francia, sendo o cuarto equipo con máis títulos de Copa.
Ostenta o récord de máis goles marcados nunha tempada da Ligue 1 a 38 xornadas, con 118 goles na 1959/60 .
Durante os Xogos Olímpicos de 1900, o Racing Club de France acolleu as probas de atletismo no estadio Croix-Catelan (a súa sede naquel entón). O cénit deportivo do Racing deuse nas décadas de 1930 e 1940, cando o club gañou a Ligue 1 en 1936 e a Copa de Francia en 1936, 1939, 1940, 1945 e 1949. O club tamén tivo un período de éxito a comezos da década de 1960, quedando segundo na primeira división en 1961 e 1962. Porén, o Racing foi un dos clubs que máis sufriu a crise financeira que afectou ao fútbol francés a mediados dos anos 60 e as dificultades económicas provocaron o seu descenso ás categorías inferiores.
En 1982, o empresario Jean-Luc Lagardère quería construír un equipo de estrelas e investiu no club para convertelo no segundo máis importante de París (tralo Paris Saint-Germain). Aínda que considerou unha fusión do Paris FC e o Racing, a dirección do Racing negouse por falta de información detallada sobre as finanzas do PFC. Lagardère comprou o Paris FC (contraendo unha débeda de máis de catro millóns de francos) e renomeouno "Paris Racing 1", e investiu en xogadores experimentados en 1982 e 1983.
Decidido a levar o club á Copa de Europa en 1987, contratou ao técnico portugués Artur Jorge, que viña de gañar o título europeo co Porto. Completou o equipo coas fichaxes de Gérard Buscher e Pascal Olmeta pero o club pasou unha mala xeira e a asistencia ao estadio caeu. A finais da década de 1980, o Racing perdeu 300 millóns de francos.
Relegado ás categorías non profesionais, buscou unha base financeira máis firme. En decembro de 2008, Georgios Kintis intentou mercar o club sen éxito.[2] Antes da tempada 2009-10, o Racing chegou a un acordo financeiro coa cidade de Levallois. A asociación do club e o apoio da comuna deron lugar a un cambio de nome a Racing Club de France Levallois 92.[3] A pesar da axuda de Levallois, o Racing foi descendido ao Championnat de France amateur 2 pola DNCG en xullo de 2010 despois de que se determinara que o club tiña unha débeda de 500.000 euros. O 21 de novembro de 2010, o Racing Levallois e o UJA Alfortville anunciaron plans para fusionarse para a tempada seguinte. En 2012, o club regresou a Colombes como Racing Club de France Colombes 92.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.