entidade sen fins de lucro con intereses comúns From Wikipedia, the free encyclopedia
Denomínase club[1][2] a un grupo de persoas libremente asociadas, ou sociedade, que reúne a un número variábel de individuos que adoitan coincidir nos seus gustos e opinións artísticas, literarias, políticas, deportivos, ou simplemente nos seus desexos de relación social.
Os fins e actividades dos clubs son moi diversos e dependen do motivo polo que as persoas se asociasen: realización de actividades deportivas, intercambios de ideas, debates culturais, organización de actividades a favor de terceiros, actividades formativas e informativas en beneficio propio etc.
Nas civilizacións antigas de Roma ou Grecia existían asociacións que poden ser consideradas antecedentes dos clubs de hoxe en día, porén, o concepto actual de club naceu en Inglaterra. Os clubs máis antigos datan aproximadamente do século XVII e non pasaban de reunións informais e periódicas de amigos co obxecto de xantar e beber xuntos. Coa expansión colonial inglesa os clubs expandíronse dentro de toda a area anglófona e xa posteriormente tamén se comezaron a formar clubs noutras realidades culturais.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.