Raíñas e reis consortes de España
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
A continuación presentase a lista de mulleres que foron consortes dos monarcas españois e que son coñecidas como Raíñas consortes de España; dentro da lista figura un home, o rei consorte Francisco de Asís, esposo de Isabel II. A lista só contén as esposas dos reis da España unificada e non dos reinos anteriores á Reconquista. Tamén recóllese a dinastía Bonaparte, a pesar de que o rei Xosé I non foi recoñecido como tal polas Cortes Xerais e que a súa dona, Julia Clary, non chegou a estar nunca en España.
Dentro da lista figuran algunhas das consortes que se encargáron da rexencia do reino por distintos motivos, estas foron:
- Isabel de Borbón; durante 1640 pois o seu esposo Filipe IV encontrábase na Guerra de Cataluña.
- Mariana de Austria; rexente dez anos a partir de 1665 ata 1675 pola minoría de idade do seu fillo Carlos II.
- María Luísa Gabriela de Savoia; en 1702 durante a Guerra de Sucesión Española.
- María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias; desde 1833 e ata 1840 pola minoría de idade da súa filla Isabel II.
- María Cristina de Habsburgo-Lorena; a partir de 1885 e ata 1902, pola minoría de idade do seu fillo Afonso XIII.