RMS Atlantic
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O RMS Atlantic foi un barco de vapor da White Star Line que operaba entre Liverpool e Nova York. Durante a súa décimo novena travesía, o 1 de abril de 1873, o buque precipitouse contra as rocas, afundíndose preto da costa de Nova Escocia e causando 545 mortes.[2] O seu afundimento constituíu o peor desastre marítimo ata o afundimento do SS Norge en 1904.
RMS Atlantic | |
---|---|
O RMS Atlantic. | |
Historial | |
Estaleiro | Harland and Wolff, Belfast (Irlanda do Norte, Reino Unido) |
Clase | Clase Oceanic |
Tipo | Transatlántico |
Operador | White Star Line |
Botado | 26 de novembro de 1870[1] |
Viaxe inaugural | 8 de xuño de 1871 |
Baixa | 1873 |
Destino | Afundido o 1 de abril de 1873 |
Características xerais | |
Eslora | 128,1 m (420,3 pés) |
Manga | 12,1 m (40 pés) |
Calado | 9,4 m de profundidade (31 pés) |
Aparello | Catro mastros e 13 velas |
Propulsión | Unha máquina de vapor, unha hélice e velas |
Potencia | 600 CV |
Velocidade | 14,5 nós |
Tripulación | 166 |
Capacidade | 1.166 pasaxeiros |
O SS Atlantic[nota 1] foi construído polos estaleiros Harland and Wolff de Belfast en 1871 e foi o segundo buque construído para a White Star Line baixo a dirección de Thomas Ismay. Pertencía á clase Oceanic e era propulsado por unha máquina de vapor cunha potencia de 600 cabalos (a cal movía unha hélice), tendo ademais catro mastros destinados a portar as velas. Do mesmo xeito que o seu predecesor, o Atlantic tiña unha cheminea coas cores da White Star Line, amarelo e negro.[3] Logo da súa botadura o 26 de novembro de 1870, a compañía planeaba utilizalo na liña de América do Sur a partir de xaneiro de 1871.[1] Con todo, resultou non ser así, xa que o Atlantic foi entregado á empresa o 3 de xuño de 1871, e o 8 de xuño dese ano partiu desde Liverpool cara a Nova York na súa viaxe inaugural.[1] Durante os dous anos seguintes, o buque realizou algunhas travesías regulares cos seus tres (posteriormente cinco) irmáns xemelgos, ofrecendo unha nova comodidade para un transatlántico: os pasaxeiros de clase «salón» (primeira clase) tiñan camarotes iluminados cunhas lámpadas de queroseno (en lugar de candeas), e un suntuoso comedor que dispoñía de asentos individuais en lugar dos bancos habituais.[4]
O Atlantic podía transportar 166 pasaxeiros de clase salón e 1000 pasaxeiros en entreponte (equivalente á terceira clase).
O 20 de marzo de 1873, o Atlantic partiu desde o porto de Liverpool para realizar a súa décimo novena viaxe. Ao día seguinte fixo escala en Queenstown (Irlanda), poñendo rumbo cara a Nova York con 957 persoas a bordo, das cales 833 eran pasaxeiros, segundo as cifras proporcionadas polas autoridades canadenses.[2] Porén, as cifras varían segundo a fonte.[2]
Durante a viaxe, o capitán James A. Williams decidiu facer escala en Halifax para que o barco se reabastecera de carbón.[5] O 31 de marzo, achegándose a Halifax, o capitán Williams e o terceiro oficial Brady permaneceron na ponte ata a medianoite, mentres o Atlantic atravesaba unha tempestade a unha velocidade de 9 nós, a visibilidade era fortemente reducida e o mar axitado.[1] Cara ás 2:00 da madrugada (hora local) do 1 de abril de 1873, o Atlantic golpeou unha roca mergullada denominada Marr's Head, a 50 metros da illa de Meagher. Os botes salvavidas foron arriados á auga pola tripulación, pero mergulláronse, do mesmo xeito que a cuberta. Tamén morreron algunhas persoas aterrorizadas. Dous oficiais lanzáronse á auga e tenderon algunhas cordas desde unha roca próxima, permitindo rubir aos superviventes.[2]
O manifesto do buque indica que había 156 mulleres e 189 nenos a bordo. Todas as mulleres pereceron no naufraxio, e entre os nenos, só sobreviviu un mozo chamado John Hindley.[6] Das 957 persoas que ían a bordo, morreron 545 e se salvaron 412.[2] A investigación do goberno canadense chegou á seguinte conclusión: "A conduta do capitán Williams na súa xestión do buque durante as doce a catorce horas anteriores á traxedia está en profundo desacordo co que debe ser a conduta dun home en tal situación".[2]
O naufraxio do RMS Atlantic, en termos de vítimas civís, foi a peor catástrofe no Atlántico Norte, ata o naufraxio do SS Norge en Rockall o 28 de xuño de 1904.
Despois do naufraxio, o Atlantic foi considerado como o primeiro barco da White Star Line en afundir, pero en realidade, a compañía xa perdera o RMS Tayleur na baía de Dublín (Irlanda) en 1854. Pouco despois de que naufragase o Atlantic, a White Star tivo que vender dous dos seus barcos: o Asiatic e o Tropic.
Hoxe en día, a maior parte do buque repousa a 25 metros baixo a superficie da auga. Algúns obxectos foron traídos de varias expedicións e son expostos no Museo Marítimo do Atlántico, en Halifax, e no SS Atlantic Heritage Park and Interpretation Center de Terence Bay (Nova Escocia).[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.