From Wikipedia, the free encyclopedia
R.E.M. foi unha banda de rock alternativo estadounidense creada en 1980 en Athens, Xeorxia. Estivo formada por Michael Stipe (voz), Peter Buck (guitarra), Mike Mills (baixo) e Bill Berry (batería); este último deixou o grupo en 1997. R.E.M. foi unha das bandas de rock alternativo máis populares, e unha das primeiras do xénero en chegar ao gran público durante a década dos 80.
R.E.M. | |
---|---|
R.E.M. en directo | |
Orixe | Athens, Xeorxia, Estados Unidos |
Período | 1980 – 2011 |
Xénero(s) | rock alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | I.R.S. Records, Warner Bros. Records |
Membros | Peter Buck Mike Mills Michael Stipe Bill Berry |
Artistas relacionados | 10,000 Maniacs, Automatic Baby, The B-52's, The Baseball Project, Filthy Friends, Hindu Love Gods, The Minus 5, The Troggs, Tired Pony, Tuatara, U2, Warren Zevon |
Na rede | |
http://remhq.com | |
O día 21 de setembro do 2011 a banda anunciaba a súa disolución a través da súa páxina web oficial.[1]
R.E.M. marcou o punto na historia do rock onde o post-punk converteuse en rock alternativo. Dende o primeiro sinxelo "Radio Free Europe", lanzado en 1981, xerou un movemento "de volta ao garaxe" no underground estadounidense. Mentres existía un número grande de bandas hardcore e punk nos Estados Unidos durante o inicio dos anos 80, R.E.M. trouxo de volta o pop rock de finais dos anos 60 dun xeito tan único que soaba ao mesmo tempo tradicional e moderno. A pesar de non haber grandes innovacións na súa música, R.E.M. ten unha identidade e unha actitude que transformou o underground estadounidense.
Ao longo dos anos 80 traballaron incansablemente, lanzando discos todos os anos e con xiras constantes en teatros e pequenos clubs. Pasaron anos ata que R.E.M. alcanzou a cima das listas, pero dende o principio, dende o lanzamento do EP Chronic Town en 1982, a banda ven conquistando a admiración e o respecto do seu público sempre en aumento. Chronic Town establecía unha mestura de folk e garage rock que se converteu na marca rexistrada da banda durante os seguintes cinco anos.
A finais dos anos 80 o público da banda medrara o suficiente para garantir grandes vendas, pero o grande éxito comercial do álbum Document de 1987, empurrado polo sinxelo "The One I Love" foi inesperado, especialmente porque R.E.M. pouco cambiara no seu son e na súa actitude diante dos medios. Despois de Document, a banda lentamente converteuse nunha das máis populares do mundo. Logo dunha exhaustiva xira internacional de presentación do álbum Green, de 1988, R.E.M. parou coas xiras e concentrouse no estudio, cando gravou os seus álbums máis exitosos: Out of Time (1991) e Automatic for the People (1992).
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Murmur | 1983 | I.R.S. Records |
Reckoning | 1984 | I.R.S. Records |
Fables of the Reconstruction | 1985 | I.R.S. Records |
Lifes Rich Pageant | 1986 | I.R.S. Records |
Document | 1987 | I.R.S. Records |
Green | 1989 | Warner Bros. Records |
Out of Time | 1991 | Warner Bros. Records |
Automatic for the People | 1992 | Warner Bros. Records |
Monster | 1994 | Warner Bros. Records |
New Adventures in Hi-Fi | 1996 | Warner Bros. Records |
Up | 1998 | Warner Bros. Records |
Reveal | 2001 | Warner Bros. Records |
Around the Sun | 2004 | Warner Bros. Records |
Accelerate | 2008 | Warner Bros. Records |
Collapse into Now | 2011 | Warner Bros. Records |
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Chronic Town | 1982 | I.R.S. Records |
Not Bad for No Tour | 2001 | Warner Bros. Records |
Vancouver Rehearsal Tapes | 2003 | Warner Bros. Records |
Live from London | 2008 | Warner Bros. Records |
Reckoning Songs from the Olympia | 2009 | Warner Bros. Records |
Deep Cuts: R.E.M. | 2009 | Warner Bros. Records |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.