From Wikipedia, the free encyclopedia
The Troggs[1] é unha banda de rock británica dos anos 60 formada por Reg Presley (vocais), Chris Britton (guitarra), Pete Staples (baixo) e Ronnie Bond (batería) en Andover, no sur de Inglaterra.
The Troggs | |
---|---|
Orixe | Andover, Hampshire, Inglaterra |
Período | 1964 - presente |
Xénero(s) | rock, protopunk, garage rock |
Selo(s) discográfico(s) | Fontana, Page One, Penny Farthing |
Membros | Reg Presley Chris Britton Pete Lucas Dave Maggs |
Na rede | |
http://www.my-generation.org.uk/Troggs/ | |
Está considerada unha das bandas que influenciaron o garage rock e o punk rock.[2][3]
Tiveron grandes éxitos en Gran Bretaña e Estados Unidos, como "Wild Thing", "With A Girl Like You", "I Can't Control Myself", "Anyway That You Want Me" (todas de 1966) e "Night Of The Long Grass" e "Love All Around" (1967).
Os Troggs naceron en 1964 e conseguiron un contrato co produtor de The Kinks, Larry Page, en 1965. Gravaron os seus traballos co selo discográfico de Page, Page One Records, e Page mandounos á CBS para o seu primeiro sinxelo "Lost Girl".[4] O seu tema máis popular foi "Wild Thing", escrito por Chip Taylor, que acadaría o número 2 nas listas británicas e o número 1 nas listas norteamericanas (xullo de 1966).
Outros éxitos foron With a Girl Like You (xullo de 1966), I Can't Control Myself (setembro de 1966) e Any Way That You Want Me (decembro de 1966). Co seu estilo anticipáronse ao que sería a música punk rock. Con Love Is All Around e Night of the Long Grass colleitaron éxitos en 1967 na daquela popular música psicodélica.
Por falta de éxitos a banda disolveuse en marzo de 1969.[4] Ronnie Bond foi o primeiro que probou sorte en solitario co sinxelo Anything For You, en marzo de 1969. Seguiuno Reg Presley con Lucinda Lee un mes máis tarde. Chris Britton publicou o seu álbum en solitario As I Am ese mesmo ano. A banda rexuntouse ese mesmo ano co baixista de Plastic Penny, Tony Murray, que substituiría a Staples, e en 1974 traballaron de novo para Larry Page, entón daquela coa discográfica Penny Farthing Records.
En 1992 os Troggs gravaron coa axuda de R.E.M. un álbum titulado Athens Andover, que obtivo unha boa crítica, aínda que as cancións nunca se tocaron en directo. Para o álbum Larry Page reactivou o seu selo Page One Label.
O grupo aínda existe [cando?] e continua actuando, a pesar da morte do batería Ronnie Bond en 1992 e do guitarra Dave Wright no 2008.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.