From Wikipedia, the free encyclopedia
O Odiel é un pequeno río da provincia de Huelva, España, que desauga xunto co río Tinto no océano Atlántico, logo de percorrer 150 km.
Río Odiel | |
---|---|
Vista do río Odiel na confluencia dun afluente | |
País | España |
Nacemento | Serra de Aracena |
Altitude | 660 msmn |
Lonxitude | 150 km |
Conca | 990 km² |
Desembocadura | Océano Atlántico |
O río Odiel localízase no oeste de Andalucía | |
O Odiel nace na serra de Aracena, a uns 660 m de altura, ao sur da cidade homónima. O seu curso ten un sentido xeral norte-sur, mais moi sinuoso e desemboca conxuntamente co Tinto. A súa conca hídrica ocupa unha área de 990 km².
Río pertencente á conca atlántica, nace na Serra de Aracena e desemboca á altura da cidade de Huelva, confluíndo pouco despois co Tinto, para formar a denominada Ría de Huelva.
O principal tributario do Odiel é o río Oraque que se lle une pola beira dereita. Outros afluentes, de curta lonxitude, son: Escalada, Meca, Olivargas, Santa Eulalia e El Villar.
Á parte da cidade de Huelva, no tramo final do percurso, a única poboación de importancia nas súas beiras é Gibraleón.
A zona do nacemento do Odiel está incluída no Parque Nacional da Serra de Aracena e Picos de Pedroche. Na foz o río forma as Marismas do Odiel, que é unha reserva da biosfera, segundo declaración da UNESCO; aquí é unha zona de especial protección avícola, por canto se poden observar anátidos, flamengos, cullereiros etc.
O nome presenta, polo menos na súa primeira parte, a evolución do árabe wadi "curso de auga", pero curiosamente cun resultado similar ao do portugués odi-, ode-, que vemos en nomes de ríos, como Odivelas, Odelouca, Odemira ou o alternante Odiana - Guadiana. É explicábel pola proximidade da bacía do río a Portugal. A segunda parte pode ser un elemento similar ao que se observa no nome do río Guadiela e o mesmo precitado Odivelas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.