Río Navia
curso fluvial do norte da península Ibérica / From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Navia é un curso fluvial que nace en Vilanova do Padornelo (Pedrafita do Cebreiro)[1], e desemboca no mar Cantábrico, en Navia (Asturias), entre o cabo de San Agustín e Pena Furada. Mide 99,4 km.
Río Navia | |
---|---|
País | España |
Comunidades Autónomas | Galicia Asturias |
Nacemento | Serra do Lago, preto de Vilanova do Padornelo (Pedrafita) [1] |
Altitude | 1008 m |
Lonxitude | Absoluta: 159 km 90 km [2] |
Conca | Absoluta: 2591 km² 1120 km² [2] |
Caudal medio | Absoluto: 67,3 m³/s 48,5 m³/s [2] |
Caudal relativo | Absoluto: 25,9 l/s/km² 25,5 l/s/km² [2] |
Desembocadura | Mar Cantábrico Navia |
Altitude desembocadura | 0 m |
Conca do río Navia no territorio galego, marcada en azul escuro | |
O afluente máis importante é o Ibias, que ten unha lonxitude de 60,5 km e unha superficie vertente de máis de 300 km². Parte da conca alta deste río está incluída no Parque Natural das Fontes de Narcea e do Ibias. Outros afluentes son o Cabornel, o Llouredo, o Ouro e o Augüeira, cos seus afluentes Hío e Soutelo.
Pasa polas localidades das Nogais, fai fronteira entre Becerreá e Cervantes e atravesa Navia de Suarna na provincia de Lugo. En Asturias discorre por Ibias, Grandas de Salime, Allande, Pezós, Eilao, Boal, Villaión, Coaña e Navia.
O importante desnivel que salva ata a súa desembocadura foi aproveitado para a construción de varias centrais hidroeléctricas, como nos encoros de Salime, Doiras e Arbón.