Navia de Suarna
concello da comarca dos Ancares, na provincia de Lugo From Wikipedia, the free encyclopedia
concello da comarca dos Ancares, na provincia de Lugo From Wikipedia, the free encyclopedia
Navia de Suarna é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o IGE en 2015 tiña 1.211 habitantes (1.615 no 2006, 1.680 no 2005, 1.732 no 2004, 1.807 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «naviego».
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Lugo | ||||
Capital | A Proba | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 988 (2023) (4,08 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 242 km² | ||||
Altitude | 290 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | José Fernández Fernández | ||||
Eleccións municipais en Navia de Suarna | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 27650 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 27034 | ||||
O concello, de 242 km², está situado ao leste da provincia de Lugo, no norte dos Ancares. Limita ao noroeste coa Fonsagrada, ao nordeste con Ibias (Asturias), ao suroeste con Cervantes e ao leste con Candín (provincia de León).
Está atravesado polo Río Navia, e polos seus afluentes Ser, Rao, Moia e Bullán. O cumio máis alto é o porto de Ancares (1680 m). Nas Penas de Frou existen unhas covas.
Censo total | 1.211 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 41 (3.38 %) |
Entre 15 e 64 anos | 598 (49.38 %) |
Maiores de 65 anos | 572 (47.23 %) |
Evolución da poboación de Navia de Suarna Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
6.670 | 6.633 | 6.546 | 3.773 | 1.732 | 1.441 | |||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Hai restos megalíticos, como as mámoas e dolmens de Ferreirúa e Vilarpandín. Da cultura castrexa hai restos de até 25 castros, como os de Monterrío, O Coedo, Larxentes, Cantón e Cabanela (unidos por un corredor de 300 m), Cruz de Liñares, Casa do Río, Sevane, Vilela ou Galegos. Na parroquia de Rao está o Campamento romano da Recacha. En Moia, Quintá, Muñís e Ribón consérvanse pallozas.
Da idade media son as sepulturas de Abrente e Molmeán. O castelo de Navia ten a súa orixe no século XI. Pasou a mans dos Osorio e da casa de Altamira, e foi destruído durante a Gran Guerra Irmandiña, e rehabilitado posteriormente para vivendas. A ponte da Proba, sobre o río Navia, é de orixe romana. Ten un só arco apuntado, con muros altos e calzada empenada.
A igrexa de san Miguel de Barcia conserva a ábsida románica, do século XIII. O templo de santa María de Rao é de nave rectangular, presbiterio con bóveda redonda sobre catro arcos, retablo maior do século XVIII e un retablo lateral renacentista, do século XVI. A igrexa de san Salvador de Mosteiro conserva a nave románica con armadura de madeira. A ábsida está formado por un tramo recto con bóveda de canón e o testeiro semicircular, con bóveda en cuarto de laranxa. Ten un retablo salomónico de tres fornelos no corpo principal. O templo de santo Estevo de Vilarpandín ten tres naves, con presbiterio na cabeceira e dúas sancristías nos laterais. Conserva tallas dos séculos XV e XVI.
En san Xosé de Muñís hai unha capela con retablo barroco, de tres fornelos e catro columnas salomónicas. outras capelas de importancia son as de Abrente, Marcelín e Molmeán.
Dentro da arquitectura civil, amais das pallozas e piornos, existen diversos muíños, pombais e cortíns, en Pan do Zarco e Vispeiro.
Nesta zona faise o queixo do Cebreiro. Outros produtos da zona son produtos de caza e pesca e as androllas, produto derivado do porco do que o domingo de entroido se celebra a festa da androlla.
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Navia de Suarna vexa: Lugares de Navia de Suarna.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.