![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/fb/Flag_of_Lugo_province.svg/langgl-640px-Flag_of_Lugo_province.svg.png&w=640&q=50)
Provincia de Lugo
provincia galega / From Wikipedia, the free encyclopedia
Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa. Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada[1].
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2014.) |
Lugo (gl) Lugo (es) ![]() | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia ![]() | ||||
Capital | Lugo ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 326.013 (2021) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 9.856 km² ![]() | ||||
Bañado por | Mar Cantábrico ![]() | ||||
Punto máis alto | Mustallar (1.935 m) ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Deputación de Lugo ![]() | ||||
• Presidente da Deputación ![]() | Darío Campos Conde (2015–2019) ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 27 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | ES-LU ![]() | ||||
Código NUTS | ES112 ![]() | ||||
Código INE | 27 ![]() | ||||
Páxina web | deputacionlugo.gal ![]() | ||||
![]() |
Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 327 946 habitantes en 2020, tras A Coruña e Pontevedra.
Consta de 67 concellos, 11 comarcas e 9 partidos xudiciais, integrados por 1167 parroquias e 10 299 entidades de poboación.[2]