Río Isonzo
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Isonzo (en italiano) (Lusinç en friulano), Soča en esloveno, Sontig en alemán, Aesontius ou Isontius en latín)[1] é un río de 140 km de lonxitude que flúe a través de Eslovenia occidental e desemboca no nordeste de Italia.
Tipo | río principal | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Alpes Xulianos | |||
Inicio | ||||
Continente | Europa | |||
Localización | Alpes Xulianos | |||
Final | ||||
Localización | mar Adriático | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Conca hidrográfica | Soča basin (en) | |||
Características | ||||
Dimensións | 138 () km | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 3.400 km² | |||
Medicións | ||||
Caudal | 140 m³/s | |||
É un característico río alpino, cuxa fonte está situada a 1 100 m de altitude,[2] nos Alpes Xulianos, ao oeste do monte Triglav, o pico máis alto de Eslovenia.
Despois de atravesar dito monte, seu curso diríxese ao sur, percorrendo as localidades de Bovec, Kobarid, Tolmin, Nova Gorica e Gorizia, para, finalmente, desembocar no mar Adriático, cerca da cidade italiana de Monfalcone. Así, o Soča percorre 99 km en Eslovenia e 41 km en Italia.
O curso actual do río é o resultado de varios imoportantes cambios que se produciron durante os últimos 2 000 anos. Segundo o historiador romano Estrabón, o río chamado Aesontius, na época romana pasaba por Aquileia ata o mar Adriático, era esencialmente o sistema fluvial do Natisone e o Torre.[3] En 585, un corremento de terras cortou a parte superior do leito do río Natisone, provocando a súa posterior captura polo río Bontius. A descarga subterránea orixinal do Bontius no Timavo quedou obstruída, e outra avulsión devolveu o novo curso de auga ao leito do baixo Natisone.
Durante os séculos seguintes, o estuario deste novo río, o Soča, desprazouse cara ao leste até captar o curto río costeiro Sdobba, polo que agora o Isonzo desemboca no mar Adriático. A antiga ría (do Aesontius, e o primeiro Isonzo) na recentemente formada lagoa de Grado converteuse nun regato costeiro independente.[4]
O val do Isonzo, ou val do Soča foi o escenario dunha das maiores operacións bélicas da primeira guerra mundial, entre maio de 1915 e novembro de 1917.
Nese período sucedéronse as doce batallas do Isonzo na fronte italiana, na que máis de 300 000 soldados italianos e austro-húngaros perderon a vida.[5][6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.