baloncestista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Quinn Alexander Cook, nado o 23 de marzo de 1993 en Washington, D.C., é un xogador profesional estadounidense de baloncesto. Con 1,85 metros de estatura xoga na posición de base.
(2010) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 23 de marzo de 1993 (31 anos) Washington, D.C., Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Oak Hill Academy (en) DeMatha Catholic High School (en) Universidade Duke | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 188 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 81 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2015 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | NBA G League, Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Base | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
16 de outubro de 2018 | Tempada 2018-19 da NBA | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tras non ser escollido no Draft da NBA de 2015, Cook asinou cos Oklahoma City Thunder para a Liga de Verán de Orlando, e cos Cleveland Cavaliers para a Liga de Verán de Las Vegas.[1] En setembro de 2015, asinou cos Cavaliers, pero foi cortado tras participar en seis partidos de pretemporada.[2]
O 26 de febreiro de 2017, Cook asinou un contrato de dez días cos Dallas Mavericks.[3] Debutou na NBA o día seguinte, xogando 17 minutos na vitoria por 96–89 contra os Miami Heat.[4]
O 19 de marzo de 2017, Cook asinou un contrato de dez días cos New Orleans Pelicans.[5] Tras asinar un segundo contrato de dez días o 29 de marzo de 2017,[6] os Pelicans quedaron con Cook ata o final de tempada.[7]
O 17 de outubro de 2017, Cook asinou cos Golden State Warriors, onde conseguiu o seu primeiro campionato da NBA en 2018 despois de que os Warriors derrotasen ós Cleveland Cavaliers en catro partidos. O 28 de xuño de 2019, os Warriors converteron a Cook en axente libre restrinxido.[8]
O 6 de xullo de 2019, Cook asinou cos Los Angeles Lakers.[9] Alí conseguiu o seu segundo campionato da NBA despois de que os Lakers venceran ós Miami Heat en seis partidos nas Finais da NBA de 2020. O 19 de novembro de 2020, os Lakers cortaron a Cook.[10] O 4 de decembro de 2020, Cook asinou de novo cos Lakers.[11] O 24 de febreiro de 2021, Cook foi cortado polos Lakers.[12]
O 12 de marzo de 2021, Cook asinou un contrato de dez días cos Cleveland Cavaliers,[13] e asinou outro o 22 de marzo de 2021.[14]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.