familia de linguas orixinaria dos Andes centrais From Wikipedia, the free encyclopedia
O quechua,[2] tamén coñecido como runa simi ("lingua da xente"), é unha familia de linguas indíxenas faladas polo pobo quechua, o cal habita principalmente nos Andes do Perú.[3] Derivada dunha lingua ancestral común, é a familia de linguas precolombianas máis falada das Américas, cun estimado de 8-10 millóns de falantes en 2004.[4] Aproximadamente o 25% (7,7 millóns) dos peruanos falan unha lingua quechua.[5][6] Quizais sexa máis coñecido por ser a principal familia lingüística do Imperio Inca. Os españois fomentaron o seu uso ata a loita peruana pola independencia da década de 1780. Como resultado, as variantes do quechua aínda son moi faladas no presente, sendo a lingua cooficial de moitas rexións e a segunda familia lingüística máis falada do Perú.
Quechua Kechua / Runa Simi | ||
---|---|---|
Falado en: | Andes centrais: o Perú, Bolivia, Colombia, Ecuador, Chile e a Arxentina | |
Total de falantes: | 8 900 000 (2007) | |
Familia: | Unhas das familias lingüísticas primarias Quechua | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | O Perú, Ecuador e Bolivia | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | qu | |
ISO 639-2: | que, qwe | |
ISO 639-3: | que
| |
Mapa | ||
Status | ||
Dentro da gran diversidade das súas variantes, o quechua caracterízase por comprender linguas moi regularmente aglutinantes cunha orde gramatical variábel. O seu gran número de sufixos muda tanto o significado das palabras por completo como os matices do significado. Algunhas características gramaticais notábeis inclúen a conxugación bipersoal (os verbos concordan co suxeito e o obxecto), evidencialidade (indicación da fonte e a veracidade do coñecemento expresado), unha partícula de tópico e sufixos que indican quen se beneficia dunha acción e da actitude do falante ao respecto, aínda que algunhas linguas e variedades poden carecer dalgunhas destas características.
A identificación das linguas que conforman esta familia foi controvertida por mor de que non todas estas variedades son mutuamente intelixíbeis. Dende mediados do século XVII, estendeuse o mito de que o quechua é un só idioma, onde o quechua falado no Cuzco (naquel entón, o quechua clásico) sería a lingua por excelencia e as demais variedades, meras corrupcións desta. A evidencia lingüística contemporánea contradí frontalmente esta crenza, pois o quechua clásico non é a orixe de todas as variedades da familia quechua senón que existen outras variedades moito máis antigas ca esta.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.