ave limícola de tamaño grande From Wikipedia, the free encyclopedia
A píllara dourada[2][3][4], píllara dourada grande[5][6] ou píldora dourada[7] (Pluvialis apricaria) é unha ave limícola de tamaño grande, moi semellante a dúas especie próximas, a píllara dourada americana (Pluvialis dominiica), e a píllara dourada siberiana (Pluvialis fulva), que son máis pequenas, delgadas e de patas relativamente máis longas. A píllara dourada é unha das especies incluídas no AEWA.
Píllara dourada | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Exemplar adulto | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Pluvialis apricaria (Linnaeus, 1758) |
As píllaras douradas miden de 26 a 29 cm de lonxitude e pesan entre 150 e 220 g. A envergadura das súas ás vai dos 67 ó 76 cm. Teñen aspecto gordecho e a cabeza arredondada. Na época de reprodución os machos adultos teñen manchas douradas e negras pola cabeza o lombo e as ás. A cara e o pescozo son negros cunha beira branca e o peito e tamén negro. As femias teñen tamén a parte inferior do corpo escura, pero son menos contrastadas cós machos. A coloración negra é, porén, moi variable, polo que non sempre resulta doado diferencia-los sexos.
A coloración negra desaparece na plumaxe invernal, a cara é e o peito e o ventre son abrancazados. As patas son negras.
A súa voz é un berro triste e monótono, que emite na intervalos regulares. A primeiros do ano o canto dos machos que están marcando un territorio é particularmente notorio.
As píllaras douradas comen insectos, crustáceos, vermes e caracois, que apañan do chan en campos, tundras, praias e nas zonas descubertas pola marea baixa.
A zona da cría da especie son os páramos e a tundra da parte máis meridional de Europa e oeste de Asia. Son aves migratorias, que pasan o inverno no sur de Europa, as illas británicas (ó redor de 500.000 exemplares) e o norte de África. Nos cuarteis de inverno viven en campos e prados.
Aínda que son unha aves relativamente comúns, a súa área de distribución reduciuse algo a causa da perda dos seus hábitats. No século XIX desapareceu como reprodutora, por exemplo, de Polonia. As hoxe moi reducidas poboacións reprodutoras de Centroeuropa son probablemente resultado da derradeira glaciación (Tomek & Bocheński 2005).
O niño das píllaras douradas é unha depresión plana no chan, escasamente acondicionada cun pouco material vexetal. Poñen, con 2 ou 3 días de separación, uns catro ovos duns 52 x 35 mm, de cor castaña verdosa cun debuxo castaño escuro. Os dous membros da parella ocúpanse da incubación. Os polos tardan uns 30 días en rompe-la casca e de seguida están preparados para buscar comida pola súa conta, aínda que son vixiados e dirixidos polos pais.
Cando un intruso se achega ó niño, as píllaras adultas tentan afastalo do seu territorio atraéndoo con manobras de distracción e carreiras.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.