![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/ee/North_Korea_-_Pyongyang_at_night_-_IMG_5932_%25283103885985%2529.jpg/640px-North_Korea_-_Pyongyang_at_night_-_IMG_5932_%25283103885985%2529.jpg&w=640&q=50)
Pyongyang
From Wikipedia, the free encyclopedia
Pyongyang é a capital e maior cidade de Corea do Norte. Sitúase na beira occidental do río Taedong preto da costa oeste do país, á que baña o Mar Amarelo. A poboación estimada para o 2007 é duns 3.000.000 de habitantes.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Pyongyang (banda deseñada).
Datos rápidos Localización, Capital de ...
평양직할시 (ko-kp) ![]() | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Corea do Norte ![]() | ||||
Capital de | Koguryo (pt) ![]() Comitê Popular Provisório para a Coreia do Norte (pt) ![]() Corea do Norte (1948–) ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.863.000 (2015) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 3.194 km² ![]() | ||||
Bañado por | Rio Taedong (pt) ![]() ![]() | ||||
Altitude | 38 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Evento clave
| |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | KP-01 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Candidato a Patrimonio da Humanidade | |||||
Data | 25 de maio de 2000 | ||||
Identificador | 1424 | ||||
![]() |
Pechar
Pyongyang é unha das máis antigas cidades do Extremo Oriente. A súa historia arrinca na lenda sendo dende o principio un centro das sucesivas culturas e dinastías primixenias coreanas. Así, a súa fundación mítica fíxase no 2333 aC, e os primeiros escritos referidos á zona datan do ano 108 aC, sendo dende o ano 427 capital do reino de Koguryo.