Sonda espacial dedicada ó estudio do asteroide 16 Psyche From Wikipedia, the free encyclopedia
Psyche é unha misión orbital que explorará a orixe dos núcleos planetarios mediante o estudo do asteroide metálico 16 Psyche.[4] Este asteroide pode ser o núcleo de ferro exposto dun protoplaneta, probablemente o remanente dunha colisión violenta con outro obxecto que eliminou a codia externa. Lindy Elkins-Tanton da Universidade Estatal de Arizona en Tempe, Arizona é a investigadora principal e foi quen lle propuxo esta misión ó Programa de Descubrimento da NASA. O Laboratorio de Propulsión a Chorro da NASA (JPL) administrará o proxecto.
Psyche | |
---|---|
Representación artística da nave espacial Psyche. | |
Tipo | Orbitador de asteroides |
Fabricante | Maxar Technologies[1] |
Organización | NASA, ASU |
Satélite de | Estados Unidos |
Data de lanzamento | Xullo de 2022 |
Foguete portador | Falcon Heavy[2] |
Sitio de lanzamento | Centro espacial John F. Kennedy Complexo de lanzamento 39A |
Duración da misión | Viaxe: 3.5 anos En órbita: 21 meses (2026-2027) |
Obxectivo da misión | 16 Psyche |
Masa | 2 608 kg (5 750 lb)[3] |
Insignia da misión | |
nasa.gov/psyche psyche.asu.edu | |
16 Psique é o asteroide máis pesado coñecido do tipo M, e pénsase que é o núcleo de ferro exposto dun protoplaneta.[5] As observacións radar do asteroide dende a Terra indican unha composición ferro-níquel.[6] O 4 de xaneiro de 2017, a misión de Psyche foi elixida xunto coa misión de Lucy como a próxima misión do programa Discovery da NASA.[7]
A misión prevé ser lanzada en xullo de 2022, a bordo dun foguete Falcon Heavy.[2]
Psyche foi un dos proxectos presentados a unha convocatoria da NASA que se pechou en febreiro de 2015 como proposta para o programa Discovery. Foi preseleccionado o 30 de setembro de 2015 como un dos cinco finalistas e recibiu 3 millóns USD para desenvolver conceptualmente o proxecto.[4][8] Un dos criterios para a selección implicaba superar unha visita na que arredor de 30 membros do persoal da NASA facían entrevistas, realizaban inspeccións e efectuaban preguntas a cada un propoñentes sobre os seus proxectos.[9]
O 4 de xaneiro de 2017, Lucy e Psyche foron respectivamente seleccionados para as misións 13 e 14 do programa Discovery, co lanzamento de Psyche programado para 2023.[10] En maio de 2017 a data de lanzamento cambiouse para conseguir unha traxectoria máis eficiente, trasladando o lanzamento a xullo de 2022. A chegada está prevista para o 31 de xaneiro de 2026,[11] usando a asistencia gravitacional de Marte o 23 de maio de 2023.
A sonda espacial Psyche utilizará propulsión eléctrica solar,[12][13] o equipamento científico consiste nun xerador de imaxes, un magnetómetro e un espectrómetro de raios gamma.[13][14]
Os datos mostran que o asteroide 16 Psique ten un diámetro de aproximadamente 252 km (157 mi).[15] Os científicos pensan que 16 Psique podería ser o núcleo dun planeta primitivo do tamaño de Marte que quedou exposto ó perder a súa codia externa a causa dunha serie de colisións violentas con outros obxectos.[10]
A misión lanzarase en xullo de 2022[2] e chegará en catro anos para recoller información durante 21 meses. A sonda espacial será construída polo Laboratorio de propulsión a chorro da NASA en colaboración con SSL (anteriormente Space Systems/ Loral) —filial de Maxar Technologies— e a Universidade Estatal de Arizona.[16]
Fíxose unha proposta para tentar compartir o foguete con outra misión diferente chamada Athena, que orbitará arredor do asteroide 2 Pallas, o terceiro asteroide máis grande do Sistema Solar.[17] En 2020 anunciouse que o Falcon Heavy con Psyche incluirá dous minisatélites para estudar a atmosfera marciana e os asteroides binarios, aparellos denominados respectivamente EscaPADE (Escape and Plasma Acceleration and Dynamics Explorers) e Janus.[11]
A diferenciación foi un proceso fundamental na configuración de moitos asteroides e de tódolos planetas terrestres, e o exame directo dun núcleo planetario podería mellorar a comprensión deste proceso. A misión Psyche determinará a xeoloxía, forma, composición elemental, campo magnético e distribución da masa de 16 Psyche. Espérase que tras esta misión se comprenda mellor da formación planetaria e a estrutura interna dos mesmos.
O obxectivo global desta misión é:
Os obxectivos específicos son:
As cuestións científicas que abordará a misión son:[5]
Psique voará cunha carga útil de 30 kg (66 lb),[3] que consta de catro instrumentos científicos:[9]
A sonda espacial tamén probará tecnoloxía experimental de comunicación láser denominada Deep Space Optical Communications.[19] Espérase que o dispositivo poida aumentar o rendemento e a eficiencia nas comunicacións de naves espaciais de 10 a 100 veces por riba dos sistemas convencionais.[19][20] Os raios láser da sonda espacial serán recibidos por un telescopio terrestre no observatorio Palomar en California.[21]
SPT-140 | Parámetro/unidades [22][23] |
---|---|
Tipo | Propulsor de efecto Hall |
Potencia [24] | Max: 4.5 kW Min: 900 W Rendemento da matriz solar: na Terra: 20 kW |
Impulso específico (Isp) | 1800 s |
Impulso total | 8.2 MN·s |
Propulsión | 280 mN [23] |
Masa do propulsor | 8.5 kg |
Masa do propelente | ≈ 425 kg de xenon [23] |
Esta misión utilizará un motor modelo SPT-140, un propulsor de efecto Hall, que emprega propulsión eléctrica solar, no cal a electricidade xerada polos paneis solares se transmite a un motor de reacción eléctrico, no canto de usar propulsión química.[12][25][26] O propulsor ten unha potencia nominal operativa de 4.5 kW,[27] mais funcionará con aproximadamente 900 watts durante longos períodos.[25]
O SPT-140 (SPT significa Stationary Plasma Thruster) é un sistema de propulsión inventado en Rusia por OKB Fakel e desenvolvido polo centro de investigación Glenn da NASA, Space Systems Loral e Pratt & Whitney dende finais da década de 1980.[28] O propulsor SPT-140 probouse por primeira vez nos Estados Unidos no ano 2002 cunha unidade de 3,5 kW como parte do programa de tecnoloxía de propulsión de foguetes de alto rendemento integrado da Forza Aérea dos Estados Unidos de América.[3][27] O uso de propulsores eléctricos solares permitirá que a nave espacial chegue a 16 Psique (a 3,3 unidades astronómicas) moito máis rápido consumindo só un 10% do propelente que necesitaría usando a propulsión química convencional.
A electricidade será xerada por paneis solares dispostos a ambos lados da sonda espacial cunha disposición en forma de X, con cinco paneis en cada lado. Antes de que se modificase a traxectoria prevista inicialmente para a misión os paneis dispoñíanse en liña recta, con só catro paneis a cada lado da sonda espacial.[29]
O lanzamento está previsto para xullo de 2022 nun foguete Falcon Heavy. O custo do lanzamento, incluídas as cargas secundarias, é de 117 millóns USD.[2] Psyche lanzarase describindo traxectoria que usará asistencia gravitacional de Marte o 23 de maio de 2023, en dirección ó cinto de asteroides, alcanzando o asteroide Psyche.
Psyche chegará ó asteroide 16 Psyche e entrará en órbita o 31 de xaneiro de 2026. A nave espacial orbitará describindo réximes decrecentes.[30] Inicialmente, órbita A, situará a nave espacial nunha órbita de 700 km (430 mi) para determinar o campo magnético e efectuar a cartografía preliminar durante 56 días. Logo aproximarase, situándose na órbita B, a 290 km (180 mi) do asteroide durante 76 días, para elaborar a topografía e estudar o campo magnético. A continuación achegarase, órbita C, a 170 km (110 mi), permanecendo durante 100 días para facer un estudo da gravidade e proseguir coa observación do campo magnético. Finalmente, a sonda espacial entrará na órbita D, situándose a 85 km (53 mi) para determinar a composición química da superficie utilizando os espectrómetros de raios gamma e neutróns. Tamén tomará imaxes periodicamente, analizará a gravidade e os campos magnéticos. A misión está planificada para orbitar arredor do asteroide durante polo menos 21 meses.[30]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.