As primulas (Primula spp.), tamén coñecidas coma cáncaros ou primaveras (por ser as primeiras flores en aparecer na primavera) son un xénero dunhas 400–500 especies de plantas principalmente herbáceas[1] que salientan pola súa flor pertencentes á familia Primulaceae. O xénero inclúe o cáncaro, a coñecida especie brava típica dos bosques sombrizos de Galiza (P. vulgaris). Outras especies comúns son P. auricula (aurícula), P. veris (prímula) e P. elatior (beizo de boi). Estas especies e moitas outras empréganse coma ornamentais; e foron hibridadas, especialmente no caso da cáncaro bravo, durante centos de anos. As prímulas son nativas de zonas temperadas do hemisferio norte, chegando até as montañas tropicais de Etiopía, Indonesia, Nova Guinea, e nas zonas temperadas do sur de América do Sur. Case a metade das especies coñecidas proveñen do Himalaia.[1]

Máis información Prímulas (xénero Primula), Clasificación científica ...
Prímulas (xénero Primula)

Primula vulgaris
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Dilleniidae
Orde: Ericales
Familia: Primulaceae
Tribo: Primuleae
Xénero: Primula
L.
Especies

Véxase texto.

Pechar
Un dos numerosos cultivares de Primula
Primula farinosa flores.
Híbrido cultivar de Primula
Primula elatior Crescendo rouge.
Primula auricula Aurikel.
Primula verticillata
Primula vialii

En Galiza é común o cáncaro bravo (Primula vulgaris) en todo o territorio; atopando tamén exemplares espontáneos de Primula veris e Primula elatior. Ademais variedades e híbridos de Primula son comúns coma ornamentais polas súas flores de diferentes cores, que adoitan venderse en feiras e centros de xardinaxe de todo o país, especialmente na primavera.

Descrición

Teñen unha abondosa follaxe, con follas oblongas, dentadas e de textura engurrada, de cor verde amarelenta e algo máis claras no envés. Algunhas especies poden acadar uns 40 cm de altura. As súas flores, de seis pétalos nacen no centro formado pola follaxe e teñen distintos tamaños e tonalidades: rosa, violáceo, vermello branco ou amarelo, cunha manchiña central de distinto ton nalgunhas das variedades. Delas sae un suave recendo. Obtéñense a partir de semente que cómpre sementar no outono ou na primavera, floreando así no inverno ou no verán respectivamente.

Cómpren de solos ben adubados, preparado para plantas de flor, mais sen excesos. Debe ter unha boa drenaxe, pois o exceso de auga fai que as follas collan unha cor amarelenta. O sol en exceso, sobre todo durante o verán prexudica, polo que mellor plantalas nun lugar sombrizo ou semisombrizo isto tamén fai que sexa unha boa planta de interiores luminosos. Atura ben as temperaturas baixas, aínda que non as fortes xeadas.

Principios activos

As sementes de prímula conteñen principalmente ácido linoleico e ácido gamma-linolénico, ambos Ácidos graxos esenciais para o noso organismo. Os ácidos graxos esenciais no noso corpo fornecen enerxía, illan os nervios, colaboran no mantemento da temperatura corporal, forman parte de estruturas celulares e son vitais para o metabolismo. Tamén, a partir deles prodúcense no corpo unhas moléculas moi importantes chamadas prostaglandinas.

Usos medicinais

Para usos medicinais apáñanse os rizomas e as follas, aínda que as flores tamén se utilizan con aplicacións calmantes. As raíces apáñanse a principios da primavera, lávanse ben e despois se deixan enxugar directamente ao sol. As follas sécanse á sombra, nun lugar arexado. Presérvanse en tarros fechados e sen humidade.

  • As infusións, as coceduras e os xaropes do rizoma de Primula veris ten propiedades diuréticas, expectorantes e béquicas, aínda que en menor medida unha acción antiemética, tónica do sistema nervioso, antirreumática e antidiarreica.
  • Tipicamente utilízase o rizoma fresco reducido a unha pasta como emplasto calmante.

Os pos secos do rizoma teñen propiedades estornudatorias

  • A decocción para uso externo das follas apañadas de abril a xuño, ten propiedades antirreumáticas, antiartríticas e curativas da gota.
  • A infusión e o xarope de flores apañadas de abril a xuño e un chisco desecadas á sombra, teñen propiedades sudoríficas, calmantes, anticonvulsivas, béquicas e pectorais.
  • A infusión para uso tópico de flores serve como emplasto antineurálxico.

As follas novas consumidas frescas, crúas ou cocidas, teñen unha acción depurativa.

Taxonomía

O xénero foi descrito por Linneo e publicado en Species Plantarum 1: 142–144. 1753.[2]

Etimoloxía

Primula: nome xenérico que provén do latín primus ou primulus = "primeiro", e refiríndose á súa ceda floración. Na época medieval, a margarida foi chamada primula veris ou "primoxénita da primavera".[3]

Especies

En Galiza

  • Primula acaulis (L.) L. subsp. acaulis (P. vulgaris Huds.; P. grandiflora Lam.) PLANELLAS 1852; MERINO 1906; PAU 1921; SILVA PANDO 1994; GNZ. AZCARATE & AMIGO 1996; CASTROV. & al. 1997. Cáncaro, común en toda Galiza.
  • Primula elatior (L.) Hill subsp. elatior CASTROV. & al. 1997. Atopada en Ourense.
  • Primula elatior (L.) Hill subsp. intrincata (Gren. & Godr.) Widmer (P. veris var. elatior L.) GMZ. VIGIDE 1985; ORTIZ & RGZ. OUBIÑA 1988b; GNZ. AZCARATE & al. 1991; GNZ. AZCARATE & AMIGO 1996; CASTROV. & al. 1997. Atopada nas provincias de Lugo e Ourense.
  • Primula veris L. subsp. canescens (Opiz) Hayek (P. officinalis (L.) Hill) ALVAREZ 1972; SILVA PANDO & al. 1984; GARCIA MTZ. 1985b; CASTROV. & al. 1997. Atopada nas provincias da Coruña e Lugo.

Listaxe completa

  • Primula algida
  • Primula allionii
  • Primula alpicola
  • Primula amoena
  • Primula angustifolia (Primavera alpina)
  • Primula anisodora
  • Primula appenina
  • Primula atrodentata
  • Primula aurantiaca
  • Primula aureata
  • Primula auricula (Aurícula)
  • Primula auriculata
  • Primula beesiana
  • Primula bellidifolia
  • Primula boothii
  • Primula bracteosa
  • Primula bulleyana (Prímula candelabro)
  • Primula burmanica
  • Primula calderiana
  • Primula capitata
  • Primula capitellata
  • Primula carniolica
  • Primula cawdoriana
  • Primula chionantha
  • Primula chungensis
  • Primula clarkei
  • Primula clusiana
  • Primula cockburniana
  • Primula concholoba
  • Primula cortusoides
  • Primula cuneifolia
  • Primula cusickiana
  • Primula daonensis
  • Primula darialica
  • Primula denticulata
  • Primula deorum
  • Primula deuteronana
  • Primula edgeworthii
  • Primula elatior
  • Primula ellisiae
  • Primula erythrocarpa
  • Primula farinosa
  • Primula fedschenkoi
  • Primula firmipes
  • Primula flaccida
  • Primula floribunda
  • Primula florindae
  • Primula forrestii
  • Primula frondosa
  • Primula gambeliana
  • Primula geraniifolia
  • Primula glaucescens
  • Primula glomerata
  • Primula glutinosa
  • Primula gracillipes
  • Primula griffithii
  • Primula halleri
  • Primula heucherifolia
  • Primula hirsuta
  • Primula hyacinthina
  • Primula ianthina
  • Primula incana
  • Primula integrifolia
  • Primula involucrata
  • Primula ioessa
  • Primula irregularis
  • Primula japonica (Prímula Xaponesa)
  • Primula jesoana
  • Primula juliae
  • Primula kisoana
  • Primula kitaibeliana
  • Primula latifolia
  • Primula luteola
  • Primula macrophylla
  • Primula magellanica
  • Primula malacoides
  • Primula marginata
  • Primula megaseifolia
  • Primula melanops
  • Primula mínima
  • Primula mistassinica (Prímula do lago Mistassini)
  • Primula modesta
  • Primula mollis
  • Primula muscarioides
  • Primula nipponica
  • Primula nivalis
  • Primula nutans
  • Primula obconica
  • Primula palinuri
  • Primula parryi
  • Primula pedemontana
  • Primula petiolaris
  • Primula poissonii
  • Primula polyneura
  • Primula prolifera
  • Primula pulverulenta
  • Primula redolens
  • Primula reidii
  • Primula reinii
  • Primula renifolia
  • Primula reptans
  • Primula reticulata
  • Primula rosea
  • Primula roxburghii
  • Primula rusbyi
  • Primula sapphirina
  • Primula saxatilis
  • Primula scandinavica (Prímula escandinava)
  • Primula scapigera
  • Primula scotica (Prímula de Escocia)
  • Primula secundiflora
  • Primula serratifolia
  • Primula sibirica
  • Primula sieboldii
  • Primula sikkimensis
  • Primula sinensis
  • Primula sinopurpurea
  • Primula soldanelloides
  • Primula sonchifolia
  • Primula spectabilis
  • Primula specuicola
  • Primula suffrutescens
  • Primula takedana
  • Primula tanneri
  • Primula tibetica
  • Primula tschuktschorum
  • Primula tyrolensis
  • Primula veris (Prímula común)
  • Primula verticillata
  • Primula vialii
  • Primula villosa
  • Primula vulgaris (Cáncaro bravo)
  • Primula waltonii
  • Primula warshenewskiana
  • Primula whitei
  • Primula wilsonii
  • Primula wollastonii
  • Primula wulfeniana
  • Primula yuparensis

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.