From Wikipedia, the free encyclopedia
A Prva Hrvatska Nogometna Liga (en croata: Primeira Liga Croata de Fútbol), máis coñecida como Prva HNL ou MAXtv Prva Liga por motivos de patrocinio, é a Primeira División da liga de fútbol de Croacia. Creouse en 1991, tras a independencia de Croacia de Iugoslavia. A primeira tempada empezou a desputarse en febreiro de 1992.
Tipo | liga deportiva |
---|---|
Deporte | fútbol |
Organizador | Federação Croata de Futebol (pt) |
Número de participantes | 10 |
Localización e Datas | |
País | Croacia |
Vixencia | 1991 – |
Calendario da tempada | outono – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | hnl.hr |
A Prva HNL está organizada pola Federación Croata de Fútbol e ao longo da súa historia cambiou o seu modelo de organización en varias ocasións.
A tempada empeza en xullo e remata en maio, cun descanso entre os meses de decembro e febreiro. Na tempada 2006/07 introducíuse un novo formato, no que participan 12 equipos, que nunha primeira fase enfróntanse entre eles a dobre partido. Tras estas 22 xornadas, xóganse 11 xornadas máis, todos contra todos, pero nun partido único, que se disputaba no campo do equipo mellor clasificado na primeira fase.
Na tempada 2009/10 ampliouse o número de clubs participantes, pasando de 12 a 16.
Na tempada 2012/13 o número de conxuntos participantes regresou a 12.
Na 2013/14 o número de clubs volveuse baixar, desta vez a 10. Dende aquela, o equipo campión obtén praza para a segunda rolda clasificatoria da Liga de Campións da UEFA; o segundo clasificado obtén unha praza para a segunda rolda da UEFA Europa League e o terceiro clasificado para a primeira rolda da mesma competición. O último clasificado descende directamente á Druga HNL.
Club | Cidade | Estadio | Capacidade | Posición na 2014/15 |
---|---|---|---|---|
NK Dinamo Zagreb | Zagreb | Estadio Maksimir | 39.079 | 1º |
HNK Hajduk Split | Split | Estadio Poljud | 34.448 | 3º |
NK Istra 1961 | Pula | Estadio Aldro Dosina | 10.000 | 6º |
NK Lokomotiva | Zagreb | Estadio Kranjčevićeva | 8.850 | 5º |
NK Osijek | Osijek | Estadio Gradski vrt | 22.050 | 8º |
NK Rijeka | Rijeka | Estadio Kantrida | 12.600 | 2º |
NK Slaven Belupo | Koprivnica | Gradski Stadion | 3.134 | 9º |
RNK Split | Split | Estadio Park mladeži | 4.075 | 4º |
NK Zadar | Zadar | Estadio Stanovi | 6.000 | 7º |
NK Zagreb | Zagreb | Estadio Kranjčevićeva | 8.850 | 1º (2.HNL) |
Ano | Campión | Subcampión | Máximo goleador |
---|---|---|---|
1992 | HNK Hajduk Split | NK Zagreb | Ardian Kozniku (Hajduk Split), 12 goles |
1993 | NK Dinamo Zagreb | HNK Hajduk Split | Goran Vlaović (Croacia de Zagreb), 23 goles |
1994 | HNK Hajduk Split | NK Zagreb | Goran Vlaović (Croacia de Zagreb), 29 goles |
1995 | HNK Hajduk Split | NK Dinamo Zagreb* | Robert Špehar (NK Osijek), 23 goles |
1996 | NK Dinamo Zagreb* | HNK Hajduk Split | Igor Cvitanović (Croacia de Zagreb), 19 goles |
1997 | NK Dinamo Zagreb* | HNK Hajduk Split | Igor Cvitanović (Croacia de Zagreb), 20 goles |
1998 | NK Dinamo Zagreb* | HNK Hajduk Split | Mate Baturina (NK Zagreb), 18 goles |
1999 | NK Dinamo Zagreb* | HK Rijeka | Joško Popović (HNK Šibenik), 21 goles |
2000 | NK Dinamo Zagreb | HNK Hajduk Split | Tomislav Šokota (Dinamo Zagreb, 21 goles |
2001 | HNK Hajduk Split | NK Osijek | Tomislav Šokota (Dinamo Zagreb, 20 goles |
2002 | NK Zagreb | HNK Hajduk Split | Ivica Olić (NK Zagreb), 21 goles |
2003 | NK Dinamo Zagreb | HNK Hajduk Split | Ivica Olić (Dinamo Zagreb), 16 goles |
2004 | HNK Hajduk Split | NK Dinamo Zagreb | Robert Špehar (NK Osijek), 18 goles |
2005 | HNK Hajduk Split | HK Rijeka | Tomislav Erceg (NK Rijeka), 17 goles |
2006 | NK Dinamo Zagreb | HK Rijeka | Ivan Bošnjak (Dinamo Zagreb), 22 goles |
2007 | NK Dinamo Zagreb | HNK Hajduk Split | Eduardo da Silva (Dinamo Zagreb), 34 goles |
2008 | NK Dinamo Zagreb | NK Rijeka | Želimir Terkeš (NK Zadar), 21 goles |
2009 | NK Dinamo Zagreb | HNK Hajduk Split | Mario Mandžukić (NK Dinamo Zagreb), 16 goles |
2010 | NK Dinamo Zagreb | HNK Hajduk Split | Davor Vugrinec (NK Zagreb), 18 goles |
2011 | NK Dinamo Zagreb | HNK Hajduk Split | Ivan Krstanović (NK Zagreb), 19 goles |
2012 | NK Dinamo Zagreb | NK Lokomotiva | Fatos Bećiraj (NK Dinamo Zagreb), 15 goles |
2013 | NK Dinamo Zagreb | NK Rijeka | Leon Benkoj (NK Rijeka), 19 goles |
2014 | NK Dinamo Zagreb | NK Rijeka | Duje Čop (NK Dinamo Zagreb), 22 goles |
2015 | NK Dinamo Zagreb | NK Rijeka |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.