From Wikipedia, the free encyclopedia
En filosofía da ciencia, o termo protociencia (do grego antigo πρῶτος, protos, 'primeiro', 'inicial', e ciencia) úsase para describir unha nova área de esforzo científico en proceso de consolidación. É dicir, inscribe os campos de investigación nun continuum temporal: é protocientífico o que podería, no porvir, integrarse na ciencia, ou non integrarse.[1]
Ás veces os escépticos científicos refíerense ás protociencias como ciencias patolóxicas.
O termo protociencia úsase tamén ás veces para describir unha hipótese que aínda non foi probada adecuadamente polo método científico, pero que é polo demais consistente coa ciencia existente ou que, onde non o é, indícao abertamente á espera de novos feitos ou investigacións.
As protociencias poden seren disciplinas ou campos do saber nun estadio anterior ao de seren consideradas ciencias; as hipóteses presentadas poden estar ou non de acordo coas evidencias coñecidas no momento, porque as predicións asociadas ás mesmas aínda non se comprobaran empiricamente ou non poidan selo debido a limitacións tecnolóxicas. Exemplos neste sentido serían a teoría da relatividade xeral, que empezou sendo unha protociencia e hoxe está considerada como ciencia, ou a teoría de cordas, considerada hoxe en día unha protociencia á espera de verificación experimental.
En sentido histórico, considérase protociencias a disciplinas como a astroloxía ou a alquimia, que deron paso á astronomía e á química coa aparición do método científico. Porén, a negativa dos seus practicantes a aceptar dito método fai que hoxe en día sexan consideradas pseudociencias.[2]
O filósofo da ciencia Thomas Kuhn foi o primeiro en usar esta palabra nun ensaio, publicado por primeira vez en 1970 [3]:
En todo caso, hai moitos campos —chamareinos protociencias— nos que a práctica produce conclusións contrastábeis pero que, non obstante, parécense á filosofía e ás artes no seu modelo de desenvolvemento. Penso, por exemplo, en campos como a química e a electricidade antes da metade do século XVIII, no estudo da herdanza e a filoxenia antes de mediados do XIX, ou en moitas das ciencias sociais hoxe. Tamén nestes campos, aínda que satisfán o criterio de demarcación de sir Karl, a crítica incesante e o continuo esforzo para conseguir un novo comezo son forzas primarias, e é necesario que o sexan. Porén, como sucede na filosofía e nas artes, isto non dá como resultado un progreso nítido... En resumo, a miña conclusión á que as protociencias, como as artes e a filosofía, carecen dalgún elemento que, nas ciencias maduras, permite as formas máis obvias de progreso.Kuhn 2000, 168.
Mentres a protociencia é con frecuencia especulativa, cómpre distinguila da pseudociencia pola súa adhesión ao método científico e ás prácticas establecidas da boa ciencia, e máis notabelmente na vontade de que poida ser refutada por novas evidencias (se estas apareceran) ou suplantada por unha teoría máis predictiva.
Campos tales como a astroloxía e a alquimia, anteriores á invención do método científico, poden ser tamén considerados como protociencias. Coa chegada do método científico, produciron rapidamente os campos científicos da astronomía e a química, respectivamente, deixando a aqueles que rexeitaban adoptar o método científico na práctica dunha pseudociencia.
Máis tipicamente un campo protocientífico é aquel onde a hipótese presentada está de acordo coas evidencias dispoñíbeis naquel momento, e onde se elaborou un corpus de predicións asociadas, pero estas non foron aínda probadas (ou non poden selo, debido a limitacións tecnolóxicas actuais).
Algunhas protociencias progresan até seren unha parte aceptada da ciencia establecida. Outras fallan nesta consolidación, ou vólvense pseudocientíficas cando os seus seguidores persisten a pesar de carecer de evidencias científicas que sustenten os seus puntos de vista.
Diversas ciencias comezaron como ramas da filosofía: matemáticas, filosofía natural, economía, psicoloxía, socioloxía etcétera.
O exemplo moderno máis famoso de protociencia podería ser a teoría da deriva continental tal como foi orixinalmente propuesta por Alfred Wegener (que finalmente chegou a ser un modelo científico aceptado cando os mecanismos da tectónica de placas foron comprendidos, aínda que a tectónica de placas ten diferenzas substanciais coa deriva de Wegener). Outros exemplos inclúen:
Algúns campos como a acupuntura ou os soños lúcidos, as experiencias despois da morte ou EDM, a psicanálise, poden seren tamén categorizadas como protociencias, tendo pendentes máis evidencias e a súa consolidación teórica.
Outros campos, como a parapsicoloxía están máis cerca do bordo entre a protociencia e a pseudociencia.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.