Prostaciclina
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
A prostaciclina (ou PGI2) é un lípido da familia dos eicosanoides [1], e dentro destes, xunto coas prostaglandinas e tromboxanos, forma o grupo dos prostanoides. A prostaciclina pode considerarse tamén un tipo de prostaglandina, pero presenta dous aneis cíclicos na súa molécula, que a distinguen das prostaglandinas, que teñen un. Como fármaco a prostaciclina recibe o nome de epoprostenol.[2]