O Prince of Wales Trophy,[1] tamén coñecido como Wales Trophy, é un trofeo entregado pola National Hockey League (NHL) ao campión da Conferencia Leste (anteriormente Conferencia Wales) nos play-offs, antes dos partidos das series finais pola Stanley Cup. Chamado así en honor ao Príncipe Eduardo, Príncipe de Gales (posteriormente Rei Eduardo VIII, e logo Duque de Windsor), o trofeo foi entregado por primeira vez na tempada 1925-26 ao campión do primeiro partido no Madison Square Garden e logo entregouse ao campión dos play-offs da NHL (incluíndo as dúas tempadas anteriores); con todo, o trofeo foi entregado atendendo a oito distintos significados ao longo da súa historia, entre eles ao campión na liga regular da American Division, o campión da liga regular da NHL, o campión da tempada na East Division, o campión da Conferencia Wales na liga regular, o campión da Conferencia Wales nos play-offs, e o campión da Conferencia Leste nos play-offs. O actual defensor do título do Prince of Wales Trophy son os Washington Capitals, logo de gañar o título da Conferencia Leste na tempada 2017-18.

Thumb
O Prince of Wales Trophy no Hockey Hall of Fame.

Historia

O Prince of Wales Trophy foi anunciado por primeira vez en decembro de 1925. O trofeo, patrocinado polo Príncipe de Gales e co escudo de armas real custou 2.500$, e estaba destinado a ser posesión do campión da liga.[2] Foi orixinalmente entregado ao gañador do primeiro partido xogado no Madison Square Garden, que tivo lugar o 15 de decembro de 1925 (Montreal Canadiens 3 vs New York Americans 1). O trofeo foi entón retido polos Canadiens ata o final da tempada.[3][4] Os Canadiens inscribiron o seu nome no trofeo dúas veces, na tempada 1924–25, e na tempada precedente, a 1923–24, por ser os campións de liga.

Posteriormente foi entregado ao campión dos play-offs da NHL nas tempadas 1925–26 e 1926–27 (xunto coa O'Brien Cup), antes de que o equipo pasara a enfrontarse ao campión da Western Hockey League (WHL) pola Stanley Cup ao final das dúas ligas. Dende a tempada 1927-28, o trofeo foi entregado ao campión da American Division da NHL, mentres que a O'Brien Cup foi entregada ao campión da Canadian Division, ata 1938, cando, logo de que a NHL voltara a unha soa división, o Wales Trophy converteuse no trofeo ao campión da liga regular.[5]

Coa expansión da NHL en 1967, e a creación da West Division, o Wales Trophy pasou a ser entregado ao equipo que finalizaba na primeira posición da East Division, durante a liga regular. Cando a liga creou dúas conferencias en 1974, o trofeo mudou de novo o seu significado, sendo entregado ao equipo que finalizara co mellor rexistro da liga regular na Wales Conference, ata 1981. A NHL mudou o seu formato de play-offs para que os dous campións de conferencia nos play-offs se puideran enfrontar pola Stanley Cup. O Prince of Wales Trophy foi presentado aos campións da Wales Conference nos play-offs. No verán de 1993 a Wales Conference foi renomeada Conferencia Leste. O Prince of Wales Trophy ten sido entregado ao campión da Conferencia Leste nos play-offs dende a tempada 1993-94.[5]

Existe unha superstición tradicional que permanece en moitos dos xogadores actuais da NHL pola que ningún xogador debe tocar ou erguer os trofeos Campbell (campión da Conferencia Oeste) ou o Prince of Wales (campión da Conferencia Leste) despois de ter gañado os play-offs de conferencia; eses xogadores senten que a Stanley Cup é o verdadeiro trofeo de campión e a causa diso debe ser o único o único trofeo que ergan. En lugar de tocar o trofeo de conferencia, o capitán do equipo gañador simplemente posa (habitualmente de forma solemne) co trofeo, e ás veces, todo o equipo posa con el. Con todo, houbo outros equipos que ignoraron a superstición e ergueron os trofeos de conferencia, e logo conseguiu gañar a Stanley Cup de todos xeitos.[6]

O capitán dos Tampa Bay Lightning, Steven Stamkos, levou a superstición a un nivel extremo durante os play-offs de 2015. Logo da vitoria de Lightning por 2 goles a 0 fronte aos New York Rangers no Madison Square Garden, Stamkos negouse a darlle a man ao Deputy Commissioner da NHL Bill Daly e negouse a mirar o trofeo antes de posar para a fotografía obrigatoria. O equipo de Tampa tamén se negou a posar para unha fotografía de equipo co trofeo.[7]

Campións

Lenda
  • * Equipo desaparecido
  • ^ = Ano no que afianzou o seu liderado en vitorias
  • ¤ = Ano no que afianzou o seu liderado en vitorias consecutivas
  • † = Eventuais campións da Stanley Cup
  • a = Gravado en 1925-26.[3]

Gañador orixinal

Gravados entre 1923-1925 (antes da dazón)

Os Canadiens foron os campións de liga esas dúas tempadas.

Máis información Tempada, Campión ...
Tempada Campión Vitoria #
1923-24 Montreal Canadiensa 1
1924-25 Montreal Canadiens 2
Pechar

Campións dos play-offs da NHL (1925–1926)

Máis información Tempada, Campión ...
Tempada Campión Vitoria #
1925-26 Montreal Maroons * † 1
1926-27 Ottawa Senators[nb 1] *† 1
Pechar

Campión na liga regular da American Division (1927–38)

Máis información Tempada, Campión ...
Tempada Campión Vitoria #
1927-28 Boston Bruins 1
1928-29 Boston Bruins 2
1929-30 Boston Bruins 3
1930-31 Boston Bruins 4
1931-32 New York Rangers 1
1932-33 Boston Bruins 5
1933-34 Detroit Red Wings 1
1934-35 Boston Bruins 6
1935-36 Detroit Red Wings 2
1936-37 Detroit Red Wings 3
1937-38 Boston Bruins 7
Pechar

Campión da liga regular (1938–67)

Máis información Tempada, Campión ...
Tempada Campión Vitoria #
1938-39 Boston Bruins 8
1939-40 Boston Bruins 9
1940-41 Boston Bruins 10
1941-42 New York Rangers 2
1942-43 Detroit Red Wings 4
1943-44 Montreal Canadiens 3
1944-45 Montreal Canadiens 4
1945-46 Montreal Canadiens 5
1946-47 Montreal Canadiens 6
1947-48 Toronto Maple Leafs 1
1948-49 Detroit Red Wings 5
1949-50 Detroit Red Wings 6
1950-51 Detroit Red Wings 7
1951-52 Detroit Red Wings 8
1952-53 Detroit Red Wings 9
1953-54 Detroit Red Wings ¤ † 10
1954-55 Detroit Red Wings 11
1955-56 Montreal Canadiens 7
1956-57 Detroit Red Wings 12
1957-58 Montreal Canadiens 8
1958-59 Montreal Canadiens 9
1959-60 Montreal Canadiens 10
1960-61 Montreal Canadiens 11
1961-62 Montreal Canadiens 12
1962-63 Toronto Maple Leafs 2
1963-64 Montreal Canadiens 13
1964-65 Detroit Red Wings 13
1965-66 Montreal Canadiens 14
1966-67 Chicago Black Hawks 1
Pechar

Campión da liga regular na East Division (1967–74)

Máis información Tempada, Campión ...
Tempada Campión Vitoria #
1967-68 Montreal Canadiens 15
1968-69 Montreal Canadiens 16
1969-70 Chicago Black Hawks 2
1970-71 Boston Bruins 11
1971-72 Boston Bruins 12
1972-73 Montreal Canadiens ^ † 17
1973-74 Boston Bruins 13
Pechar

Campión da liga regular na Wales Conference (1974–81)

Máis información Tempada, Campión ...
Tempada Campión Vitoria #
1974-75 Buffalo Sabres 1
1975-76 Montreal Canadiens 18
1976-77 Montreal Canadiens 19
1977-78 Montreal Canadiens 20
1978-79 Montreal Canadiens 21
1979-80 Buffalo Sabres 2
1980-81 Montreal Canadiens 22
Pechar

Campión da Wales Conference nos play-offs (1981–93)

Máis información Tempada, Campión ...
Tempada Campión Vitoria #
1981-82 New York Islanders 1
1982-83 New York Islanders 2
1983-84 New York Islanders 3
1984-85 Philadelphia Flyers 1
1985-86 Montreal Canadiens 23
1986-87 Philadelphia Flyers 2
1987-88 Boston Bruins 14
1988-89 Montreal Canadiens 24
1989-90 Boston Bruins 15
1990-91 Pittsburgh Penguins 1
1991-92 Pittsburgh Penguins 2
1992-93 Montreal Canadiens 25
Pechar

Campión da Conferencia Leste nos play-offs (1993–presente)

Thumb
Os Boston Bruins, campións da Conferencia Leste, posan co Prince of Wales Trophy.
Máis información Tempada, Campión ...
Tempada Campión Vitoria #
1993-94 New York Rangers 3
1994-95 New Jersey Devils 1
1995-96 Florida Panthers 1
1996-97 Philadelphia Flyers 3
1997-98 Washington Capitals 1
1998-99 Buffalo Sabres 3
1999-00 New Jersey Devils 2
2000-01 New Jersey Devils 3
2001-02 Carolina Hurricanes 1
2002-03 New Jersey Devils 4
2003-04 Tampa Bay Lightning 1
2004-05 Non houbo campión a causa do lockout da NHL 2004–05 Tempada cancelada
2005-06 Carolina Hurricanes 2
2006-07 Ottawa Senators 1
2007-08 Pittsburgh Penguins 3
2008-09 Pittsburgh Penguins 4
2009-10 Philadelphia Flyers 4
2010-11 Boston Bruins 16
2011-12 New Jersey Devils 5
2012-13 Boston Bruins 17
2013-14 New York Rangers 4
2014-15 Tampa Bay Lightning 2
2015-16 Pittsburgh Penguins 5
2016-17 Pittsburgh Penguins 6
2017-18 Washington Capitals 2
2018-19 Boston Bruins 18
Pechar

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.