Primeiro ministro de Belarús
xefe de goberno de Belarús / From Wikipedia, the free encyclopedia
O primeiro ministro da República de Belarús (en belaruso: Прэм’ер-міністр Рэспублікі Беларусь, en ruso: Премьер-министр Республики Беларусь) é o xefe de goberno de Belarús.
Datos rápidos Sede, Ámbito ...
Primeiro ministro da República de Belarús | |
---|---|
Sede | Minsk |
Ámbito | Belarús |
Nomeado por | Presidente de Belarús (coa posterior aprobación da Cámara dos Representantes da Asemblea Nacional) |
Creación | 19 de setembro de 1990 |
Primeiro titular | Viačaslaŭ Kiebič |
Precedido por | Presidente do Consello de Ministros da República Socialista Soviética de Belarús |
Sitio web | Consello de Ministros |
Pechar
Encabeza o Consello de Ministros de Belarús,[1] o órgano do goberno central, e é responsable ante o presidente de Belarús e a Asemblea Nacional. O primeiro ministro é nomeado polo presidente e confirmado pola Cámara dos Representantes, que é a cámara baixa da Asemblea Nacional. Unha vez nomeado o primeiro ministro, debe formar un gabinete de 30 membros integrado por ministros e presidentes, o último dos cales é un posto non ministerial.