From Wikipedia, the free encyclopedia
A primeira guerra balcánica, tamén coñecida como primeira guerra dos Balcáns, foi un conflito militar que durou de outubro de 1912 a maio de 1913 e colocou a Liga Balcánica (Serbia, Montenegro, Grecia e Bulgaria) contra o Imperio Otomán. As forzas combinadas dos Estados balcánicos conseguiron superar as forzas otomás, numericamente inferiores e en desvantaxe estratéxica, conseguindo unha rápida vitoria. Como resultado da guerra, case todos os territorios europeos do Imperio Otomán foron conquistados e divididos entre os aliados, e creouse un estado independente albanés, por presión de Austria-Hungría e de Italia. A pesar deste logro, as nacións balcánicas quedaron insatisfeitas co resultado da guerra, e as tensións internas que xurdiran coa retirada da ameaza otomá, que ata entón os unira, levounos á segunda guerra balcánica.
Primeira guerra balcánica Primeira guerra dos Balcáns | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de a guerras balcánicas | |||||||||
Avanzada búlgara cara posicións turcas | |||||||||
| |||||||||
Belixerantes | |||||||||
Imperio Otomán | Liga Balcánica:
| ||||||||
Líderes | |||||||||
Nazim Pasha Essad Bajá Ali Rizah Pasha |
Nicolao I Danilo Petrovic Radomir Putnik Petar Bojovic Stepa Stepanovic Vladimir Vazov Constantino I Panagliotis Danglis Pavlos Kunturiotis | ||||||||
Forzas en combate | |||||||||
336.742 homes nun principio[1] |
44.500 230.000 350.000 125.000 Total:749.500 |
As tensións entre os estados balcánicos sobre as súas aspiracións ás provincias da Rumelia ocupadas polos otománs, como a Rumelia Oriental, Tracia e Macedonia, foron interrompidas pola intervención das grandes potencias nos Balcáns a mediados do século XIX, que querían garantir a protección das maiorías cristiás da rexión e o mantemento do statu quo. En 1867, Grecia, Serbia e Montenegro xa aseguraran as súas independencias, confirmadas polo Tratado de Berlín unha década máis tarde. Mais a cuestión da viabilidade do dominio otomán reaparecería coa Revolución dos Mozos Turcos en xullo de 1908, que obrigou ao sultán Abd-ul-Hamid II a restaurar a suspensa Constitución otomá.
As aspiracións serbias sobre o territorio da Bosnia-Hercegovina foron derrubadas por Austria-Hungría, que anexionou formalmente a provincia en outubro de 1908, polo que os serbios volveron a súa atención cara Kosovo, que consideraban un territorio histórico serbio, e para unha posíbel expansión cara ao sur.
Oficiais gregos, que se levantaran contra o goberno en agosto de 1909, aseguraran un goberno progresista liderado por Eleftherios Venizelos que, segundo esperaban, conseguiría resolver a cuestión da illa de Creta ao seu favor e vingar a derrota na guerra greco-turca de 1897.
Bulgaria, que gañou a súa independencia do Imperio Otomán en abril de 1909 e tiña a amizade do Imperio Ruso, tamén cobizaba territorios otománs na Tracia e na Macedonia, para garantir s súa expansión.
En marzo de 1910, estalou unha insurrección albanesa no Kosovo, e en agosto do mesmo ano Montenegro seguiu o precedente de Bulgaria e tornouse monarquía.
En 1911, Italia iniciou a invasión da Tripolitania, no norte da África, á cal seguiu a ocupación das illas do Dodecaneso. As decisivas vitorias militares italianas sobre o Imperio Otomán influenciaron aos Estados balcánicos a preparar unha guerra contra os otománs. Con ese fin, ocorreran diversos encontros entre os representantes das nacións balcánicas durante a primavera de 1912, que acadaron unha rede de alianzas militares que se converterían na coñecida como a Liga Balcánica.
As grandes potencias, sobre todo Francia e Austria-Hungría, reaccionaron a estas reunións diplomáticas tentando disuadir á Liga de provocar a guerra, mais fracasaron. Cara ao final de setembro, tanto os Estados da Liga coma o Imperio Otomán mobilizaron os seus exércitos. Montenegro foi o primeiro país en declarar a guerra ao Imperio, o 25 de setembro. Os outros tres membros da alianza enviaron un ultimato ao Imperio Otomán o 13 de outubro, e declaráronlle a guerra o día 17 do mesmo mes.
Os catro aliados non planearan un plano xeral de batalla, e non fixeron ningún esforzo para coordinar as súas forzas. Polo contrario, a guerra acabaría por ser conducida por cada estado individualmente, e sendo así, pode separarse en catro frontes de batalla xeograficamente definidas. Os Búlgaros enfrontáronse á maior parte das forzas otomás, que protexían as rutas cara Constantinopla, especialmente na Tracia e na Macedonia. Serbios e montenegrinos actuaron en Kosovo, en Sandjak, no norte da Macedonia e na rexión que viría a formar Albania. Os gregos concentraron os seus esforzos de guerra no sur da Macedonia e na zona de Salónica.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.