From Wikipedia, the free encyclopedia
O Primeira División de Venezuela é a competición de máximo nivel da liga profesional de fútbol que se disputa en Venezuela, organizada pola Federación Venezolana de Fútbol. Recibe o nome de Primeira División de Venezuela - Copa Movilnet por mor do seu patrocinador principal.
Tipo | liga de fútbol |
---|---|
Organizador | Federación Venezolana de Fútbol (pt) |
Liga inferior | Campeonato Venezuelano de Futebol da Segunda Divisão (pt) |
Número de participantes | 20 |
Localización e Datas | |
País | Venezuela |
Vixencia | 1957 – |
Calendario da tempada | xaneiro – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | ligafutve.org |
Aínda que existía un campionato nacional afeccionado en Venezuela dende 1921, o actual campionato profesional naceu en 1957. Nos seus comezos foi un torneo de rivalidade entre as distintas comunidades de inmigrantes, representadas por clubs como Club Deportivo Portugués, Club Deportivo Español, Deportivo Vasco, Deportivo Italia, Catalonia, Deportivo Galicia, Unión Deportiva Canarias ou Deportivo Celta. A partir dos anos 60 participaron equipos de fóra de Caracas, sendo o Lara Fútbol Club o primeiro en acadar o título de campión en 1965.
Malia non ser un torneo poderoso dentro da Conmebol, o nivel dos seus clubs ten medrado dende comezos dos anos 90. Os clubs máis laureados na historia do campionato son o Caracas Fútbol Club (11 títulos) e o Deportivo Táchira (7 títulos), seguidos de varios clubs con 5 e 4 títulos. O primeiro campión foi o Universidad Central, mentres que o campión actual é o Deportivo Táchira.
Na actualidade 18 equipos disputan 2 torneos, Apertura e Clausura. O torneo Apertura dispútase na segunda metade do ano, mentres que o torneo Clausura dispútase na primeira metade do seguinte ano. Os dous gañadores disputan unha final ó remate da tempada para definir cal é o campión nacional.
Os seguintes 18 equipos disputaron o torneo Apertura 2011 e competirán polo torneo Clausura 2012 e polo título de campión en 2012:
Equipo | Cidade | Fundación | Estadio | Capacidade |
---|---|---|---|---|
Aragua Fútbol Club | Maracay | 20 de agosto de 2002 | Hermanos Ghersi Páez | 16.000 |
Atlético El Vigía Fútbol Club | El Vigía | 31 de outubro de 1987 | Ramón Hernández | 12.000 |
Carabobo Fútbol Club | Valencia | 24 de setembro de 1964 | Misael Delgado | 10.000 |
Caracas Fútbol Club | Caracas | 5 de xuño de 1967 | Olímpico de la UCV | 21.900 |
Club Deportivo Lara | Cabudare | 2006 | Metropolitano de Lara | 45.312 |
Club Deportivo Mineros de Guayana | Ciudad Guayana | 20 de novembro de 1981 | Cachamay | 42.000 |
Deportivo Anzoátegui Sport Club | Puerto La Cruz | 9 de novembro de 2002 | José Antonio Anzoátegui | 40.000 |
Deportivo Petare | Caracas | 18 de agosto de 1948 | Olímpico de la UCV | 21.900 |
Deportivo Táchira Fútbol Club | San Cristóbal | 11 de xaneiro de 1974 | Polideportivo Pueblo Nuevo | 42.000 |
Estudiantes de Mérida Fútbol Club | Mérida | 4 de abril de 1971 | Metropolitano de Mérida | 42.500 |
Llaneros de Guanare Fútbol Club | Guanare | 26 de agosto de 1984 | Rafael Calles Pinto | 13.000 |
Monagas Sport Club | Maturín | 23 de setembro de 1987 | Monumental de Maturín | 52.000 |
Real Esppor Club | Caracas | 2008 | Brígido Iriarte | 10.000 |
Trujillanos Fútbol Club | Valera | 25 de agosto de 1981 | José Alberto Pérez | 25.000 |
Tucanes de Amazonas Fútbol Club | Puerto Ayacucho | 2008 | Antonio José de Sucre | 10.000 |
Yaracuyanos Fútbol Club | San Felipe | 20 de febreiro de 2006 | Florentino Oropeza | 10.000 |
Zamora Fútbol Club | Barinas | 2 de febreiro de 1977 | Agustín Tovar | 27.500 |
Zulia Fútbol Club | Maracaibo | 16 de xaneiro de 2005 | José Encarnación Romero | 45.000 |
O palmarés da liga está dominado polo Caracas FC e polo Deportivo Táchira FC, gañadores de 11 dos últimos 12 títulos. É salientable a cantidade de clubs campións que teñen desaparecido:
Nº Títulos | Equipo | Campionatos obtidos |
---|---|---|
11 | Caracas Fútbol Club | 1991/92, 1993/94, 1994/95, 1996/97, 2000/01, 2002/03, 2003/04, 2005/06, 2006/07, 2008/09, 2009/10 |
7 | Deportivo Táchira Fútbol Club | 1979, 1981, 1984, 1986, 1999/00, 2007/08, 2010/11 |
5 | Deportivo Petare (antigo Deportivo Italia) | 1961, 1963, 1966 , 1972, 1998/99 |
5 | Portuguesa Fútbol Club | 1973, 1975, 1976, 1977, 1978 |
4 | Galicia de Aragua† (antigo Deportivo Galicia) | 1964, 1969, 1970, 1974 |
4 | Club Deportivo Portugués† | 1958, 1960, 1962, 1967 |
4 | Club Sport Marítimo de Venezuela | 1986/87, 1987/88, 1989/90, 1992/1993 |
2 | Estudiantes de Mérida Fútbol Club | 1980, 1985 |
2 | Universidad de Los Andes Fútbol Club | 1983, 1990/91 |
1 | Minervén Bolívar Fútbol Club† | 1995/96 |
1 | Unión Atlético Maracaibo | 2004/05 |
1 | Club Deportivo Español† | 1959 |
1 | Carabobo Fútbol Club | 1971 |
1 | Club Deportivo Mineros de Guayana | 1988/89 |
1 | Universidad Central de Venezuela Fútbol Club | 1957 |
1 | Atlético Zulia Fútbol Club† | 1997/98 |
1 | Lara Fútbol Club | 1965 |
1 | Unión Deportiva Canarias† | 1968 |
1 | Club Atlético San Cristóbal† | 1982 |
1 | Club Nacional Táchira† | 2001/02 |
† = Equipo desaparecido.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.