From Wikipedia, the free encyclopedia
O premio Realia de Tradución Literaria é un galardón literario organizado pola Editorial Hugin e Munin en colaboración co Concello de Santiago de Compostela.
A primeira edición do premio celebrouse en 2017. Ten por obxecto distinguir unha obra narrativa traducida ao galego dende calquera lingua estranxeira e fomentar e visibilizar o traballo dos profesionais da tradución[1]. Ten carácter bienal e está remunerado: inicialmente con 1.200 € e, dende 2021, con 1.500 €. Outra das características do premio era que, pasado un ano dende a publicación en papel da obra, esta se publicaba de balde en BIVIR, a biblioteca virtual que xestiona a Asociación de Tradutores Galegos[2], algo que cesou ao desaparecer a asociación.
Ano | Persoa gañadora | Obra |
---|---|---|
2017 (I edición) | Antía Veres[3] | Detrás da máscara de Louisa May Alcott |
2019 (II edición) | Deserto[4] | - |
2021 (III edición) | Alfonso Blanco Quintela[5] | As consecuencias da vella historia de Georgios Viziinos |
2023 (IV edición) | Deserto[6] | - |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.