Remove ads
premio de tradución galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Premio Lois Tobío ao Libro traducido foi un galardón, existente entre 2005[1] e 2015, que entregaba a Asociación Galega de Editores á mellor obra traducida de cada ano cara á lingua galega, e que formaba parte á súa vez dos Premios da Edición[2]. O premio deixou de celebrarse tras a unión dos respectivos premios da AGE, a AELG e mais a Federación de Librarías de Galicia, que deu como resultado a Gala do Libro Galego, cuxa primeira edición aconteceu en 2016. O galardón era así mesmo un recoñecemento ao labor de tradución dun persoeiro das letras galegas, Lois Tobío Fernández.
Con este premio foron distinguidos, entre outros, María Alonso Seisdedos, Eva Almazán, Xavier Queipo e Antón Vialle pola tradución conxunta do Ulises[3], Ramón Gutiérrez Izquierdo por Sonetos de Shakespeare[4], Isabel Soto e Xavier Senín por A odisea contada aos nenos[5] ou Darío Xohán Cabana por As floriñas de San Francisco[6].
Restrinxido ás obras publicadas polas editorais asociadas á AGE, nun principio optou por recoñecer os libros traducidos e publicados en lingua galega entre o 1 de decembro dun ano e o 30 de novembro do seguinte[7]. Máis adiante, adoptou un calendario regular e pasou a entregar os galardóns a ano vencido.
Ano[8] | Persoa premiada | Obra |
---|---|---|
2005 (I edición) | Mercedes Pacheco | Manhattan Transfer de John Dos Passos (Sotelo Blanco) |
2006 (II edición) | Luís Fernández Rodríguez | Don Xoán (contado por si mesmo) de Peter Handke (Sotelo Blanco) |
2007 (III edición) | Isabel Soto e Xavier Senín | A odisea contada aos nenos de Rosa Navarro Durán (Rodeira-Edebé) |
2008 (IV edición) | Xesús Fraga | Lolita de Vladimir Nabokov (Kalandraka) |
2009 (V edición) | Eva Almazán | Contos completos de Edgar Allan Poe (Galaxia) |
2010 (VI edición) | ||
2011 (VII edición) | Ramón Nicolás | 30 gramos de Leonel Moura (Alvarellos) |
2012 (VIII edición) | Ramón Gutiérrez Izquierdo | Sonetos de William Shakespeare (Xerais) |
2013 (IX edición) | Isaac Xubín | Alén da fronteira. Sete poetas vascos (VV. AA.; Kalandraka) |
2014 (X edición) | María Alonso Seisdedos, Eva Almazán, Xavier Queipo e Antón Vialle | Ulises de James Joyce (Galaxia) |
2015 (XI edición) | Darío Xohán Cabana | As floriñas de S. Francisco (anónimo; Alvarellos) |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.