From Wikipedia, the free encyclopedia
The Will Eisner Comic Industry Awards, comunmente abreviados como Eisner Awards, en galego premio Will Eisner ou Premio Eisner (tamén en plural, Premios Eisner) son un premio que distingue as bandas deseñadas.
Premios Eisner | |
---|---|
Premio Will Eisner por Peanuts: A Golden Celebration, 2000 | |
Tipo | grupo de premios e premio de banda deseñada |
Data de fundación | 1988 |
Nomeado en referencia a | Will Eisner |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
http://www.comic-con.org/cci/cci_eisners_main.php e https://www.comic-con.org/awards/eisner-awards-current-info | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Entre 1985 e 1987, a editorial Fantagraphics Books promoveu os Kirby Awards, un galardón dedicado á industria do cómic e cos gañadores recibindo os seus premios sempre coa presenza do artista Jack Kirby. As edicións dos Kirby Awards foron organizadas por Dave Olbrich, un empregado da editorial. En 1987, coa saída de Olbrich, Fangraphics decidiu pechar os Kirby Awards e instituíu os Harvey Awards, que leva o nome de Harvey Kurtzman.[1]
Olbrich, pola súa banda, fundou o "Will Eisner Comic Industry Awards" no mesmo ano. No ano 1988 realízase a primeira edición do premio, no mesmo modelo adoptado até hoxe: Reúnese un grupo de cinco membros, debaten os traballos realizados no ano anterior e establecen as cinco candidaturas para cada unha das categorías, que logo son votados por varios profesionais da banda deseñada e os gañadores son anunciados durante a edición dese ano da Comic-Con International, unha convención de banda deseñada celebrada en San Diego, California. Durante dous anos o propio Olbrich organizou o premio até que, ao non poder reunir os fondos necesarios para levar a cabo a edición de 1990 -que acabou sen realizar-, decidiu traspasar a responsabilidade á propia Comic-Con, que desde 1990 emprega a Jackie Estrada para organizalo.[1] [2] Polo tanto, a cerimonia do premio Eisner celébrase na Comic Con de San Diego desde 1991.[3]
En 2006, anunciouse que os arquivos dos premios Eisner estarían aloxados na James Branch Cabell Library da Virginia Commonwealth University en Richmond, Virxinia.[4]
Edición | Data da cerimonia | Referente ao ano |
---|---|---|
1ª | 1987 | |
2ª | 1988 | |
3ª | 1989 | |
4ª | 1991 | |
5ª | 1992 | |
6ª | 1993 | |
7ª | 1994 | |
8ª | 1995 | |
9ª | 1996 | |
10ª | 1997 | |
11ª | 1998 | |
12ª | 1999 | |
13ª | 2000 | |
14ª | 2001 | |
15ª | 2 de agosto de 2002[5] | 2002 |
16ª | 18 de xullo de 2003[6] | 2003 |
17ª | 23 de xullo de 2004[7] | 2004 |
18ª | 18 de xullo de 2005[8] | 2005 |
19ª | 21 de xullo de 2006[9] | 2006 |
20ª | 2007 | |
21ª | 25 de xullo de 2008[10] | 2008 |
22ª | 24 de xullo de 2009[11] | 2009 |
23ª | 23 de xullo de 2010[12] | 2010 |
24ª | 22 de xullo de 2011[13] | 2011 |
25ª | 2012 | |
26ª | 2013 | |
27ª | 2014 | |
28ª | 2015 | |
29ª | 2016 |
Os premios Eisner honran as seguintes categorías
En 2017, os premios dividíronse en 30 categorías para os traballos publicados en 2016.[14]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.