Premier League 2021-2022
tempada número 30 da Premier League / From Wikipedia, the free encyclopedia
A tempada 2021-22 da Premier League foi a 30ª tempada do máximo nivel da liga de fútbol de Inglaterra, establecida en 1992. Foi a terceira tempada na que se utilizou o sistema de revisión do árbitro asistente de vídeo (VAR) e a segunda tempada en ter unha parada de inverno en febreiro.[1][2] As datas de inicio e fin da tempada publicáronse o 25 de marzo de 2021,[3] e o calendario de partidos o 16 de xuño de 2021.[4][5]
Tipo | Premier League ![]() |
---|---|
Deporte | fútbol ![]() |
Liga inferior | English Football League Championship 2021-22 ![]() |
Número de participantes | 20 ![]() |
Participantes | |
Manchester United F.C., Tottenham Hotspur, Arsenal F.C., West Ham United FC, Manchester City, Liverpool F.C., Newcastle United, Aston Villa F.C., Chelsea F.C., Everton F.C., Leeds United A.F.C., Southampton F.C., Leicester City F.C., Wolverhampton Wanderers F.C., Brighton & Hove Albion F.C., Norwich City Football Club, Crystal Palace F.C., Watford F.C., Burnley F.C. e Brentford F.C. ![]() | |
Localización e Datas | |
Localización | Inglaterra (Reino Unido) 53°N 1°O |
País | Reino Unido ![]() |
Período de tempo | tempada 2021-2022 ![]() |
Intervalo de tempo | 13 de agosto de 2021 – 22 de maio de 2022 ![]() |
Número de edición | 123ª (30ª di Premier League) ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | Manchester City ![]() |
Datos estatísticos | |
Partidos | 165 ![]() |
Goles | 457 ![]() |
O Manchester City é o vixente campión, tras gañar o seu quinto título da Premier League durante a tempada anterior.[6]
Nesta tempada regresou o cen por cento de capacidade nos estadios, tras as limitacións de asistencia debido ás restricións causadas pola pandemia de COVID-19 no Reino Unido durante o último terzo da tempada 2019-20 e a totalidade da tempada 2020-21.[7]