xornal dixital de Galicia From Wikipedia, the free encyclopedia
Praza.gal[1] é un xornal dixital en galego que comezou a editarse o 1 de febreiro de 2012[2]. Actualmente é o segundo diario dixital de información xeral en galego por audiencia, detrás de Galicia Confidencial[3].
praza.gal O xornal da Galicia que vén | |
---|---|
Tipo | Dixital |
Fundación | 1 de febreiro de 2012 |
Empresa editora | Fundación Praza Pública |
Director | David Lombao |
Tendencia | Progresista |
Lingua | galego |
Ámbito | Galicia |
Na rede | |
http://praza.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
É editado pola Fundación Praza Pública, entidade sen ánimo de lucro declarada de interese público[4] e cuxo financiamento depende das achegas periódicas ou puntuais da cidadanía e da publicidade inserida no xornal. Foi presentado o 31 de xaneiro de 2012 no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela expoñendo nese acto a base da súa liña editorial, a transparencia, tanto na xestión económica coma na informativa[2].
O xornal desenvólvese usando unicamente software libre e o 8 de febreiro do 2012 liberou todo o código fonte das ferramentas para a súa creación e soporte, algunhas delas desenvolvidas pola empresa galega A navalla suíza e outras xa existentes na rede.[5]
No seu inicio, o traballo xornalístico remunerado corría a cargo de tres persoas: Marcos Pérez Pena, David Lombao e máis Lara Graña. Tras a marcha de Lara Graña incorporouse ao equipo o xornalista Miguel Pardo.
Difunde anualmente informes de transparencia sobre a súa situación organizativa, social, económica e de audiencia, mostrando os datos económicos desagregados por ingresos e gastos de cada mes.[6]
En decembro de 2018 lanzou a reformulación do seu deseño, coa creación dunha área privada para as socias e edicións locais das sete cidades. Nese momento tamén se estreou baixo a súa plataforma a revista dixital Vinte.
Desde a súa creación, o diario Praza.gal apostou polas redes sociais. Así, en marzo de 2018 a súa comunidade ascendía a máis de 40.000 persoas entre Facebook, Twitter e YouTube. Na portada mantén a sección Fálase de..., dedicada a compartir mensaxes curtas de noticias de última hora, vídeos, fotografías ou noticias de medios asociados como eldiario.es, Nós televisión ou outros.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.