Praxíteles
From Wikipedia, the free encyclopedia
Praxíteles (grego antigo: Πραξιτέλης) de Atenas, fillo de Cefisodoto o Vello, nado en Atenas cara ao -395,[1] foi o máis renomeado escultor clásico ático do século IV adC. Coa obra de Praxíteles a escultura grega evolucionou dende o clasicismo cara a unha especie de cedo manierismo, ao acentuar o sensualismo. As súas obras están caracterizadas pola chamada karis (graza) ática e a chamada «curva praxiteliana» consistente nun elegante contrapposto.
![]() | |
Nome orixinal | (grc) Πραξιτέλης ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 395 a. C. ![]() Atenas, Grecia ![]() |
Morte | c. 330 a. C. ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Antiga Atenas ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Escultura ![]() |
Lugar de traballo | Atenas ![]() |
Ocupación | escultor ![]() |
Período de tempo | Antigüidade clásica ![]() |
Período de actividade | 375 a. C. ![]() ![]() |
Lingua | Grego antigo ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia![]() | |
Fillos | Kephisodotos the Younger (pt) ![]() ![]() ![]() |
Pai | Cefisódoto, o Velho (pt) ![]() ![]() |
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b6/Hermes_di_Prassitele%2C_at_Olimpia%2C_front.jpg/640px-Hermes_di_Prassitele%2C_at_Olimpia%2C_front.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/22/Apollo_Saurocton_Louvre.jpg/320px-Apollo_Saurocton_Louvre.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/bf/Aphrodite_Braschi_Glyptothek_Munich_258.jpg/640px-Aphrodite_Braschi_Glyptothek_Munich_258.jpg)
Foi o primeiro en esculpir a forma feminina espida nunha estatua a tamaño natural. Aínda que non queda ningunha escultura que sexa atribuíble sen dúbidas a Praxíteles, numerosas copias das súas obras sobreviviron; autores contemporáneos, incluíndo a Plinio o Vello, escribiron sobre as súas obras; e sobreviviron moedas gravadas con siluetas de varios dos seus modelos estatuarios.
Unha suposta relación entre Praxíteles e a súa fermosa modelo, a cortesá tespia Friné, inspirou especulación e interpretación en obras de arte que van dende a pintura (Gérôme) á ópera cómica (Saint-Saëns) ou as marionetas (Charles Maurice Donnay).
Algúns escritores sostiveron que houbo dous escultores co nome de Praxíteles. Un sería contemporáneo de Fidias e o outro o seu máis coñecido neto. Aínda que a repetición do mesmo nome en xeracións sucesivas é habitual en Grecia, non hai evidencia certa para ningunha das posicións.