Praia de Cesantes
areal en Cesantes, Redondela / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Praia de Cesantes ou Praia da Punta é un areal galego situado no tramo de costa da parroquia de Cesantes, en Redondela, na enseada de San Simón, no fondo da ría de Vigo. As súas augas, tranquilas e libres das ondas propias do Atlántico, fan que esta praia sexa frecuentada na práctica de deportes acuáticos coma o windsurf ou o kytesurf.[1]
Datos rápidos Características xerais, Lonxitude ...
Pechar
É un espazo protexido co fin de recuperar as especies vexetais orixinarias da zona. Tamén ten un paseo marítimo e acceso para discapacitados.