![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0f/Domaio_-_R%25C3%25ADa_de_Vigo.jpg/640px-Domaio_-_R%25C3%25ADa_de_Vigo.jpg&w=640&q=50)
Ría de Vigo
curso fluvial na costa galega / From Wikipedia, the free encyclopedia
A ría de Vigo é a ría galega máis ao sur das Rías Baixas e unha das maiores en extensión. Ábrese ao Atlántico desde cabo Home, ao norte, ata ao cabo Silleiro, ao sur, e queda pechada na metade da boca polas Illas Cíes. A ría estreita na enseada de San Simón. Alí forma un estuario interior no que verten na boca da ría os principais afluentes: Oitavén-Vergudo e o Ulló[1][2][3][4].
Ría de Vigo | |
---|---|
![]() | |
Localización administrativa | |
Estado | ![]() |
División | ![]() |
Subdivisión | Pontevedra |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Atlántico |
Continente | Europa |
Xeografía | |
Subdivisións | Baía de Vigo, Baía de Baiona enseada de San Simón |
Illas interiores | Illas Cíes, Toralla e San Simón |
Afluentes | Oitavén (34 km), Verdugo (41 km), Alvedosa e Lagares (17,5 km) |
Cidades ribeiregas | Vigo, Baiona, Nigrán, Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Moaña e Cangas do Morrazo |
Accidentes | |
Cabos | Cabo Silleiro e cabo Home |
Estreitos | Estreito de Rande |
Características | |
Superficie | 176 km² |
Lonxitude máxima | 35 km. |
Anchura máxima | 10-0,6 km |
Capacidade | 3.117 hm³ |
A ría baña os concellos de Cangas do Morrazo, Moaña, Vilaboa, Pontevedra, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán e Baiona. A riqueza en recursos mariños da ría, os caladoiros e a presenza dun dos principais portos pesqueiros na costa da ría fan posible e explican a alta urbanización do litoral e a alta densidade demográfica[1].
Os principais espazos naturais que alberga a ría son a enseada de San Simón, as mariñas da Ramallosa e as Illas Cíes[3].