O pradairo azucreiro [1] (Acer saccharum), é unha especie de árbore caducifolia pertencente ao xénero dos pradairos, á familia das sapindáceas. Moitas veces a especie considérase a mesma que a chamada Acer nigrum (pradairo negro) mais algúns autores consideran que é unha especie de pradairo diferente moi achegdo a Acer saccharum; moitos tránana de subespecie: Acer saccharum subsp. nigrum.[2][3].
Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Pechar
O xarope de pradairo obtense do zume deste pradairo norteamericano. En Galiza non aparece.
É unha árbore ancha e columnar, con follas palmatilobadas, de 13 cm de lonxitude e 13,5 de diámetro, base acorazonada, con cinco lóbulos, tres maiores rematados en varios dentes, envés piloso e face verde escura, polo outono amarelas, arroibadas ou encarnadas. Casca pardo cinsenta e lisa, gretada e escamosa coa idade. As flores son miúdas e verde amarelas, penduradas. Froito con ás paralelas.
O xarope de pradairo, de tradición milenaria, obtense do zume deste pradairo. Este zume concéntrase e fíltrase para obter o xarope. A súa transparencia indica a súa calidade (Graos AA, A, B, C e D) e en ningún caso o máis escuro contén máis elementos minerais ca o máis claro, sendo este de mellor sabor e de superior calidade.
O pradairo azucreiro é unha boa árbore de rúa e xardín, xa que é doado de propagar e transplantar, é de rápido crecemento e ten unha follaxe de bonita cor outoniza.
Acer saccharum foi descrita por Humphry Marshall e publicada en Arbustrum Americanum 4, no ano 1785.[4]
- Variedades aceptadas
- Acer saccharum subsp. floridanum (Chapm.) Desmarais
- Acer saccharum subsp. grandidentatum (Torr. & A.Gray) Desmarais
- Acer saccharum subsp. leucoderme (Small) Desmarais
- Acer saccharum subsp. nigrum (F.Michx.) Desmarais
- Acer saccharum var. rugelii (Pax) Rehder
- Acer saccharum var. schneckii Rehder
- Acer saccharum var. sinuosum (Rehder) Sarg.
- Acer saccharum subsp. skutchii (Rehder) A.E.Murray
- Sinonimia
- Acer barbatum f. commune Ashe
- Acer hispidum Schwer.
- Acer nigrum var. glaucum (Schmidt) Fosberg
- Acer nigrum subsp. saccharophorum (K.Koch) R.T.Clausen
- Acer palmifolium Borkh.
- Acer palmifolium var. concolor Schwer.
- Acer palmifolium f. euconcolor Schwer.
- Acer palmifolium f. glabratum Schwer.
- Acer palmifolium f. glaucum (Pax) Schwer.
- Acer palmifolium var. glaucum Sarg.
- Acer palmifolium f. integrilobum Schwer.
- Acer saccharinum var. glaucum Pax
- Acer saccharinum var. viride Schmidt
- Acer saccharophorum K.Koch
- Acer saccharophorum f. angustilobatum Vict. & J.Rousseau
- Acer saccharophorum f. conicum (Fernald) J.Rousseau
- Acer saccharophorum f. glaucum (Schmidt) J.Rousseau
- Acer saccharophorum var. rugelii (Pax) J.Rousseau
- Acer saccharophorum var. subvestitum Vict. & Roll.-Germ.
- Acer saccharum f. angustilobatum (Vict. & J.Rousseau) A.E.Murray
|
- Acer saccharum f. conicum Fernald
- Acer saccharum f. euconcolor Pax
- Acer saccharum f. glabratum Pax
- Acer saccharum f. glaucum (Schmidt) Pax
- Acer saccharum var. glaucum (Schmidt) Sarg.
- Acer saccharum var. glaucum Pax
- Acer saccharum f. hispidum (Schwer.) A.E.Murray
- Acer saccharum f. integrilobum Pax
- Acer saccharum f. pubescens Pax
- Acer saccharum var. quinquelobulatum A.E.Murray
- Acer saccharum f. rubrocarpum A.E.Murray
- Acer saccharum f. subvestitum (Vict. & Roll.-Germ.) A.E.Murray
- Acer saccharum f. truncatum Pax
- Acer saccharum f. villipes (Rehder) A.E.Murray
- Acer saccharum f. villosum Pax
- Acer saccharum var. viride (Schmidt) A.E.Murray
- Acer subglaucum Bush
- Acer subglaucum var. sinuosum Bush
- Acer treleaseanum Bush
- Saccharodendron saccharum (Marshall) Moldenke[5]
|
Nome vulgar galego recomendado polo Servizo de Normalización Lingüística da USC. En inglés: sugar maple; en portugués bordo-açucareiro; en castelán arce azucarero
Bibliografía
- Anonymous. 1986. List-Based Rec., Soil Conserv. Serv., U.S.D.A. Database of the U.S.D.A., Beltsville.
- Bailey, L. H. & E. Z. Bailey. 1976. Hortus Third i–xiv, 1–1290. MacMillan, Nova York.
- Correll, D. S. & M. C. Johnston. 1970. Man. Vasc. Pl. Texas i–xv, 1–1881. The University of Texas at Dallas, Richardson.
- Fernald, M. 1950. Manual (ed. 8) i–lxiv, 1–1632. American Book Co., Nova York.
- Gleason, H. A. 1968. The Choripetalous Dicotyledoneae. vol. 2. 655 pp. In H. A. Gleason Ill. Fl. N. U.S. (ed. 3). New York Botanical Garden, Nova York.
- Gleason, H. A. & A. Cronquist. 1991. Man. Vasc. Pl. N.E. U.S. (ed. 2) i–lxxv, 1–910. New York Botanical Garden, Bronx.
- Great Plains Flora Association. 1986. Fl. Great Plains i–vii, 1–1392. University Press of Kansas, Lawrence.
- Radford, A. E., H. E. Ahles & C. R. Bell. 1968. Man. Vasc. Fl. Carolinas i–lxi, 1–1183. University of North Carolina Press, Chapel Hill.
- Scoggan, H. J. 1978. Dicotyledoneae (Saururaceae to Violaceae). 3: 547–1115. In Fl. Canada. National Museums of Canada, Ottawa.
- Voss, E. G. 1985. Michigan Flora. Part II Dicots (Saururaceae-Cornaceae). Bull. Cranbrook Inst. Sci. 59. xix + 724.
- Wunderlin, R. P. 1998. Guide Vasc. Pl. Florida i–x + 1–806. University Press of Florida, Gainseville.