From Wikipedia, the free encyclopedia
Os tibetanos[5] (en tibetano: བོད་པ་) son un grupo étnico nativo do Tíbet. O seu número é dun 7,8 millóns de persoas. A maior poboación vive Rexión Autónoma do Tíbet, e noutras provincias da República Popular da China, como Qinghai, Sichuan, Yunnan e Gansu. Fóra da China, existen importantes minorías na India, no Nepal e en Bután.
Pobo tibetano | |
---|---|
Homes e mulleres tibetanos cos traxes tradicionais. | |
Poboación | |
Poboación total: Total: 7 800 000 | |
Rexións principais: | |
Rexión Autónoma do Tíbet, Qinghai, Sichuan, Yunnan e Gansu China | 7,5 millóns |
India | 120 000[1] |
Nepal | 20 000 - 40 000[2][3] |
Estados Unidos | 9 000 |
Canadá | 7 500[4] |
Bután | 5 000[3] |
Suíza | 4 000 |
Aspectos culturais | |
Lingua | Linguas tibéticas, tibetano e mandarín |
Relixión | Budismo tibetano, bön |
Grupos relacionados | Quiang, butaneses, ladakh, balti e burig |
Os tibetanos falan varias linguas tibéticas, das cales, moitas variedades son mutuamente inintelixibles. Pertencen á familia de linguas tibetobirmanas. A explicación tradicional e mitolóxica da orixe do pobo tibetano é que son descendentes do humano Pha Trelgen Changchup Sempa e da ogresa das rochas Ma Drag Sinmo. Crese que moitos dos falantes tibetobirmanos do suroeste da China, incluíndo os tibetanos, son descendetes directos dos antigos Qiang.[6] A maioría dos tibetanos practica o budismo tibetano, malia que algúns practican á relixión bön e existe unha pequena minoría musulmá. O budismo tibetano influíu en moitos aspectos culturais do pobo, como a arte tibetana, o drama e a arquitectura.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.