Pobo sentinelés
From Wikipedia, the free encyclopedia
O pobo sentinelés[3] é un pobo indíxena das illas Andaman, na Baía de Bengala. Habitan na illa Sentinela do Norte. Os sentineleses son unha sociedade cazadora-recoletora que subsiste da caza, a pesca e a recolección de plantas. Non existen evidencias de prácticas agrícolas ou métodos de produción de lume.[4] A súa lingua permanece sen clasificar e non é mutuamente intelixible coa jarawa, os seus veciños máis achegados.[5] Os sentineleses rexeitan calquera contacto con outra xente, e están entre últimos pobos illados que non foron contactados pola civilización moderna.[6]
Datos rápidos Poboación, Illas Andaman ...
Pobo sentinelés | |
---|---|
Distribución comparativa dos pobos andamaneses. Os sentineleses están destacados en vermello. | |
Poboación | |
Poboación total: 15[1]–500[2] | |
Rexións principais: | |
Illas Andaman | 15-500 |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua sentinelesa |
Relixión | Posiblemente algunha forma de animismo |
Pechar