Illa Sentinela do Norte
From Wikipedia, the free encyclopedia
A illa Sentinela do Norte (en inglés: North Sentinel Island) é unha das illas Andaman da Baía de Bengala. Ó norte da illa atópase Andaman do Sur.[3] A meirande parte da illa é bosque.[4] É pequena, arredada dos principais asentamentos da Gran Andaman, arrodeada por arrecifes de corais, e carece de portos naturais.
Illa Sentinela do Norte | |
---|---|
Imaxe satélite da illa en 2009. | |
Illa Sentinela do Norte | |
Situación | |
País | India |
Mar | Océano Índico |
Coordenadas | 11°33′N 92°14′L[1] |
Xeografía | |
Superficie | 72 km² |
Punto máis alto | 122m |
Demografía | |
Poboación | 250 a 300[2] |
Un grupo de indíxenas, os sentineleses, viven nesta illa. Estímase que a súa poboación está entre os 50 e os 400 individuos.[3] Os sentineleses rexeitan calquera contacto con outra xente, e están entre últimos pobos illados que non foron contactados pola civilización moderna.[5] A poboación enfróntase a ameazas potenciais como o contaxio de enfermidades infecciosas ás cales non teñen inmunidade, así como á violencia de intrusos. O goberno indio declarou a illa enteira, que ten o tamaño de Manhattan, e as augas que a rodean, como zona de exclusión.[6]
En novembro de 2018 foi asasinado un misioneiro estadounidense que se dirixía á illa coa intención de predicar o cristianismo entre os nativos.[7]