![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/30/Ladin.png/640px-Ladin.png&w=640&q=50)
Pobo ladino
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os ladinos[1] son un grupo étnico[2][3] orixinario do norte de Italia. Están distribuídos en varios vales, coñecidos colectivamente como Ladinia. Entre eles están os vales de Badia e Gherdëina en Tirol do Sur, de Fassa en Trento, e Livinallongo (tamén coñecido como Buchenstein ou Fodom) e Ampezzo na Provincia de Belluno. A súa lingua nativa é o ladino, unha lingua do grupo retorrrománico relacionada co romanche suízo e o friuliano.[4] Forman parte do Tirol, co cal comparten cultura, historia, tradicións, ambiente e arquitectura.
Pobo ladino | |
---|---|
![]() Comunidades ladinas nos vales de Val di Fassa, Val Gardena, Val Badia, Livinallongo e Ampezzo, no norte de Italia. | |
Poboación | |
Poboación total: c 30 000 | |
Rexións principais: | |
![]() | Bolzano, Trento e Belluno |
Aspectos culturais | |
Lingua | Ladino |
Relixión | Igrexa católica |
Os ladinos desenvolveron a súa identidade étnica nacional no século XIX.[5] Micurà de Rü realizou o primeiro intento de desenvolver unha forma escrita da lingua ladina. Hoxe en día, a cultura ladina está promovida polo instituto cultural Istitut Ladin Micurà de Rü, en San Martin de Tor. Tamén hai un museo ladino no mesmo concello. Os ladinos de Trentino e Belluno teñen os seus propios institutos culturais, Majon de Fascegn en Vigo di Fassa, Cesa de Jan en Colle Santa Lucia, e Istituto Ladin de la Dolomites en Borca di Cadore.
O pobo ladino constitúe só o 4,53% da poboación do Tirol do Sur.[6] Moitas das Sagas do Tirol do Sur proceden do territorio ladino, incluíndo a épopea nacional do pobo ladino, a saga do Reino de Fanes. Outra figura da mitoloxía ladina é o demo Anguana.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/62/Flag_of_Ladinia.svg/320px-Flag_of_Ladinia.svg.png)