![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f1/Costume_Plate_%2528Kabardinien%2529_LACMA_M.87.231.42.jpg/640px-Costume_Plate_%2528Kabardinien%2529_LACMA_M.87.231.42.jpg&w=640&q=50)
Pobo kabardino
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os kabardinos[7] (en kabardino: Къэбэрдей адыгэхэр; en adigueo: Къэбэртай адыгэхэр; en ruso: Кабардинцы), son a meirande tribo das doce tribos circasianas. Xunto coa tribo Besleney, falan un dialecto distintivo do adigueo coñecido como lingua kabardina. Son étnica e lingüisticamente afíns ós adigueos, ós que consideran a familia oriental do seu pobo. A súa poboación céntrase na república de Kabardino-Balkaria da Federación Rusa, onde eran uns 520 000 (2002).[8]
Pobo kabardino | |
---|---|
![]() Home kabardino. | |
Poboación | |
Poboación total: ~1 628 500[1][2] | |
Rexións principais: | |
![]() | 590 010 (2010)[3] |
![]() | Máis de 1 000 000[4] |
![]() | 102 000 |
![]() | 43 000 |
![]() | 23 000 |
![]() | 15 000 |
![]() | 5 500 |
![]() | 1 300 |
![]() | 473[5] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua kabardina, ruso, turco, inglés e árabe |
Relixión | Predominantemente islam sunnita con pequenas minorías cristiás ortodoxas,[6] habze e católicas |
Grupos relacionados | pobo adigueo, pobo abkhazo e pobo abasio |
![]() |
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Tamén existen minorías en Turquía (principalmente na provincia de Kayseri) e en Xeorxia,[9] Alemaña, Arabia Saudita, Xordania, os Estados Unidos, Ucraína e Uzbekistán. Orixinariamente eran un pobo seminómade. Practican maioritariamente o islam sunnita, pero comunidades minoritarias pertencen á igrexa ortodoxa.[10]