pobo indíxena de Chile e a Arxentina From Wikipedia, the free encyclopedia
Os huilliches, tamén coñecidos como huiliches ou mapuches huilliches, son un pobo indíxena, pertencente ao macrogrupo étnico mapuche, que habita en Chile e a Arxentina.[2] Habitan na zona sur de Chile, na coñecida como Futahuillimapu ("gran terra do sur")[2] xunto cos subgrupos cunco ou veliche,[3][4] e na parte norte da illa de Chiloé.[5] Os huilliches son o principal pobo indíxena desas rexións.[6] Segundo Ricardo E. Latcham, o termo huilliche comezou a usarse en castelán despois da segunda fundación de Valdivia en 1645, referíndose ás tribos mapuches da zona sur da Araucania.[2] Huilliche quere dicir 'sureños' (do mapuche willi 'sur' e che 'pobo'). Un estudo xenético mostrou importantes afinidades entre os huilliches e os pobos indíxenas do leste dos Andes, o que suxire, mais non proba, unha orixe parcial na actual Arxentina.[7]
Pobo huilliche | |
---|---|
Catiguala, un cacique dos huilliches do século XVIII. | |
Poboación | |
Poboación total: c 17 000[1] | |
Rexións principais: | |
Chile | 17 000 no arquipélago de Chiloé |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua huilliche e castelán chileno |
Relixión | Cristianismo (Católico e Evanxélico) adaptado ás crenzas tradicionais |
Grupos relacionados | Cuncos, mapuches e picunches |
Durante os séculos XVI, XVII e XVIII, os huilliches tiveron éxito en resistir a invasión española. Porén, despois das incursións de Figueroa de 1792, os huilliches foron derrotados de forma decisiva e o seu territorio foise abrindo aos asentamentos europeos comezando co Parlamento de Las Canoas. No presente, a maioría dos huilliches fala castelán, pero algúns, especialmente os adultos maiores, falan a lingua huilliche.[1] Laurelia sempervirens, especie coñecida en huilliche como triwe, é a árbore ritual dos huilliches de Futahuillimapu.[8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.