![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/df/Chaman.jpg/640px-Chaman.jpg&w=640&q=50)
Pobo guahibo
Pobo indíxena de Colombia e Venezuela / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os guahibo (tamén chamados jivi, jiwi ou sikuani) son un pobo indíxena de Colombia e Venezuela. Habitan nos Llanos do Orinoco, entre os ríos Guaviare, Meta e Arauca, nos departamentos colombianos de Vichada, Meta (Puerto Gaitán e Mapiripán), Arauca, Guaviare e Guainía, e en Venezuela ó oeste dos estados de Amazonas, Bolívar e ó sur do Apure. Son arredor de 66 mil persoas, 52 mil en Colombia e 14 mil en Venezuela.
Datos rápidos Poboación, Colombia ...
Pobo guahibo | |
---|---|
![]() | |
Poboación | |
Poboación total: ~66 000 | |
Rexións principais: | |
![]() | 52 361 (censo de 2018)[1] |
![]() | 14 750[2] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua guahibo Castelán |
Relixión | Tradicional cristianismo |
Grupos relacionados | Achagua Guayupe Hiwi Tegua U'wa |
Pechar
Forman o grupo máis numeroso da zona de influencia do Orinoco. A súa lingua, a lingua guahibo, forma parte da familia lingüística das linguas guahibanas. Algúns autores relacionaron esta familia coa macroarauaca, como emigrantes da Güiana.