Estado Bolívar
estado From Wikipedia, the free encyclopedia
estado From Wikipedia, the free encyclopedia
O Estado Bolívar é unha das 24 entidades federais de Venezuela, situada na Rexión Güiana, ao sueste do país.
Ten unha extensión xeográfica de 238800 km², o que representa o 25,96 % do territorio nacional, o que o fai o estado máis grande de Venezuela.
O seu territorio está ocupado case na súa totalidade polo macizo güianés.
Ten, segundo a estimación do Instituto Nacional de Estatística de Venezuela para o ano 2015, unha poboación de 1.824.190 de habitantes,[1] o que o converte no 7º estado máis poboado de Venezuela.
Limita ao norte cos estados de Guárico, Anzoátegui, Monagas e Delta Amacuro, ao sur co Brasil, ao leste coa Güiana Esequiba, en disputa coa República Cooperativa de Güiana, e ao oeste cos estados de Apure e Amazonas.
A súa capital é Ciudad Bolívar, e comprende 11 municipios autónomos con 47 parroquias. As súas principais cidades son, ademais da capital, Ciudad Guayana (a máis poboada do estado), Upata e Caicara del Orinoco.
Durante a colonia, formou parte da provincia de Nueva Andalucía e, máis tarde, uniuse coa provincia de Güiana, a partir de 1777 cando o rei Carlos III de España creou a Capitanía Xeneral de Venezuela.
En 1821, durante a existencia da Gran Colombia), pasou a ser o departamento de Orinoco, coa maior extensión da época (cuxa capital era Santo Tomé de la Nueva Guayana de la Angostura del Orinoco ou, máis brevemnente, Angostura).
Cando se disolveu a Gran Colombia, o territorio cambiou a provincia de Güiana até 1854, cando pasou a ser provincia de Orinoco (cuxa capital era Ciudad Bolívar).
Despois da separación, en 1856 do daquela chamado Territorio Federal Amazonas, a provincia de Güiana pasou, no aoo 1864, a chamarse estado Güiana, unha vez que na Guerra ou Revolución Federal chegou ao poder Juan Crisóstomo Falcón.
En 1881, converteuse nunha das nove entidades políticas en que se dividiu o país, recibindo o nome de Grande Estado Bolívar, conformado pola Güiana e Apure.
No ano 1887 segrégase do estado Güiana o actual estado Delta Amacuro.
En 1889 prodúcese a separación e o establecemento da autonomía dos estados Apure e Güiana, e é a partir da Constitución de 1901 cando se cambia o nome de estado Güiana por estado Bolívar, como homenaxe ao ibertador Simón Bolívar, quen establecera na cidade de Angostura, hoxe Ciudad Bolívar, as bases da acción que lle permitiu liberar de España as actuais nacións bolivarianas (Venezuela, Colombia, Panamá, Ecuador, Perú e Bolivia).
O Estado Bolívar comprende 11 municipios, indicados a continuación, con 48 parrroquias:[2]
Municipio | Capital | Superficie | Poboación | Mapa |
---|---|---|---|---|
Angostura | Ciudad Piar | 54.386 km² | 30.062 hab. (2001) | |
Caroní | Ciudad Guayana | 1.612 km² | 706.736 hab. (2011) | |
Cedeño | Caicara del Orinoco | 46.020 km² | 98.000 hab. (2005) | |
Chien | El Palmar | 2.275 km² | 18.000 hab. | |
El Callao | El Callao | 2.223 km² | 17.410 hab. (2001) | |
Gran Sabana | Santa Elena de Uairén | 32.990 km² | 48.000 hab. (2006) | |
Heres | Ciudad Bolívar | 209,52 km² | 344.275 hab. (2011) | |
Piar | Upata | 18.175 km² | 109.355 hab (2008) | |
Roscio | Guasipati | 6.182 km² | 18.831 hab. (2001) | |
Sifontes | Tumeremo | 24.393 km² | 26.947 hab. (2001) | |
Sucre | Maripa | 48.694 km² | 13.481 hab. (2001) |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.