![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0a/Talonpoikaisnaisia_Ruokolahdelta.jpg/640px-Talonpoikaisnaisia_Ruokolahdelta.jpg&w=640&q=50)
Pobo finlandés
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os finlandeses[10] (en finés: suomalaiset) son un grupo étnico nativo de Finlandia.[11][12] O finés, a lingua falada pola maioría dos finlandeses, está estreitamente relacionada con outras linguas fino-bálticas, como o estoniano e o carelio. As linguas fino-bálticas son un subgrupo das linguas urálicas.
Datos rápidos Poboación, Finlandia ...
Pobo finlandés | |
---|---|
![]() Mulleres labregas finlandesas. | |
Poboación | |
Poboación total: c 6,2–7 millóns | |
Rexións principais: | |
![]() | 4,87–5,1 millóns[1][2] |
![]() | 636 587[3] |
![]() | 156 045[4]–712 000[5] |
![]() | 136 215[6] |
![]() | 127 600 (xunto cos carelios)[7] |
![]() | 30 359[8] |
![]() | 16 000 (en 2002) |
![]() | 15 000–60 000 |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua finesa |
Relixión | Luteranismo[9] |
Pechar
No presente, hai arredor de 6–7 millóns de finlandeses en todo o mundo, a maioría deles vivindo en Finlandia e os países veciños, principalmente Suecia, Rusia e Noruega. Ademais, existe unha importante diáspora fóra de Europa, con salientables poboacións en Australia, o Canadá, Nova Zelandia e os Estados Unidos.