From Wikipedia, the free encyclopedia
Os carelios[6] (en carelio: karjalaižet) son un pobo fino-báltico nativo da rexión histórica de Carelia, que está dividida entre Finlandia e Rusia.
Pobo carelio | |
---|---|
Muller carelioa co traxe tradicional. | |
Poboación | |
Poboación total: c 80 000 | |
Rexións principais: | |
Rusia | 60 815 (2010)[1] |
Finlandia | 10 000 (1994)[2] |
Ucraína | 1 522 (2001)[3] |
Belarús | 524 (1999)[4] |
Estonia | 363 (2011)[5] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua carelia e ruso |
Relixión | Igrexa ortodoxa Luteranismo |
En Rusia, os carelios viven maioritariamente na República de Carelia e noutras zonas adxacentes da Federación Rusa. Tamén existen enclaves carelios significativos nos óblasts de Tver e Nóvgorod, xa que algúns carelios migraron a esas zonas despois da guerra rusosueca de 1656-1658.
En Finlandia, os carelios viven tradicionalmente nas rexións de Savonia, Carelia do Norte e Carelia do Sur.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.